• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> Dende a oposición piden “sentidiño” ao Goberno Local á hora de realizar o seu plan de compostaxe no concello. Dende o PSOE din que hai moitas dúbidas sobre a mesa en relación a este plan. E pola súa banda, dende o PP, din que os composteiros non contan co permiso de residuos e polo tanto non compren a lexislación.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O PSOE presentará no pleno da Deputación e en todos os concellos da provincia unha moción sobre a vaga de lumes sufrida en Pontevedra. Dende as filas socialistas cren que non se poden cometer erros en políticas de extinción e demandan, con urxencia, unha nova lei de montes.
Publicado en PONTEVEDRA
POBRA> Os populares consideran fóra de lugar e atemporal a idea do equipo de goberno de sacar adiante os presupostos a estas alturas do ano. Para o PP este é un exemplo máis da deriva á que o goberno municipal de Nós Pobra está a levar ó municipio. A idea do executivo de sacar adiante o documento orzamentario a estas alturas do ano, con apenas tres meses para rematar o presente exercicio, parécelles inviable. Na proposta de orzamento que o goberno lle entregou á oposición, o PP bota en falla partidas destinadas ó desenvolvemento empresarial e comercial, para eles vitais para o relanzamento do Concello. Tamén botan en falla moitas das actuacións que resultaron aprobadas este ano en pleno e que non foron incluidas. Da actual situación de estancamento na que segundo eles está sumido o municipio non só responsabilizan ó equipo de goberno de Nós Pobra, dende o PP sinalan ó BNG e Partido Socialista, por permitirlle cos seus apoios, seguir gobernando.
PORTO DO SON> Os socialistas quéixanse de que, no que vai de ano, non se incluiron na orde do día dos plenos as súas iniciativas, a pesar de telas rexistradas en tempo e forma. Para o grupo municipal socialista esta situación é un exemplo máis da censura que está a levar a cabo o grupo de goberno cos grupos da oposición. Segundo eles no que vai de ano na orde do día dos plenos non se incluíu ningunha das súas mocións, presentadas en tempo e forma. Poñen como exemplo a situación vivida na última sesión plenaria na que faltaron as súas tres propostas, unha para dar viabilidade á piscina municipal, outra solicitando un plan municipal de educación e outra na que pedían mais medios materiais e formación para a loita contra a praga da vespa velutina. Despois de pedirlle as correspondentes explicacións ó equipo de goberno por esta situación, non descartan acudir ó Valedor, ante o que consideran un continuo entorpecemento ó seu labor coma concelleiros.
LOUSAME> O PSOE de Lousame está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas para conseguir a redución completa do IBI para aquelas propiedades destinadas a usos agropecuarios. Instan ó goberno municipal a establecer a máxima bonificación para este tipo de infraestruturas nun concello eminentemente rural.
LOUSAME> O PSOE vén de interesarse no Parlamento Galego pola falla de pediatras nos centros de saúde de Noia e Lousame. Recollen así o malestar da veciñanza destes dous concellos ó entender que o servizo que se dá é deficitario.
LOUSAME> Os socialistas consideran que se trata dun novo despilfarro de diñeiro público. O inicio das obras de construción do novo vial que unirá Lousame, na zona de Portobravo, coa Vía de Altas Prestacións Brión-Noia está a levantar unha certa polémica. Segundo o grupo municipal socialista nesta localidade a actuación non suporá beneficio algún para os veciños do municipio, todo o contrario, xa que unha vez rematada deberá asumirá en maior medida o tráfico pesado procedente do vial que une Boiro e Noia. Os socialistas tamén denuncian a realización dunha nova actuación de rebacheo sufragada con fondos municipais na estrada de Servia a Fontefría, cando está prevista a súa mellora integral da estrada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
NOIA> Uns tres mil cincocentos emigrantes galegos retornados de Venezuela levan preto de ano e medio sen cobrar a súa pensión. A situación política no país americano tivo como consecuencia que deixasen de percibir a súa prestación por xubilación.
BOIRO> Renovación na agrupación socialista de Boiro. Os militantes elixiron este sábado á súa nova executiva, encabezada por José Rivera. Entre os asuntos prioritarios a abordar polo novo equipo destacan a proposta de integración con ICBoiro, formación liderada polo ex socialista, Manuel Velo.
PONTEVEDRA> Onte fixo parada en Pontevedra o candidato ás primarias do Partido Socialista, Patxi López. O ex lehendakari e ex presidente do Congreso mantivo un encontró coa militancia pontevedresa, e fixo un chamamento á unión da formación e a apostar pola integración. Un acto coa militancia socialista trouxo ao candidato ás primarias do PSOE, Patxi López, ata Pontevedra. No Café Moderno, o ex lehendakari e expresidente do Congreso trasladou a súa aposta por unir á formación. Segundo López, a clave non é pensar quen vai gañar o proceso, no que actualmente participan el, Susana Díaz e Pedro Sánchez. O importante é pensar no día seguinte, para abrir un espazo de integración. Ao acto asistiron caras coñecidas dos socialistas da provincia de Pontevedra. Agustín Fernández, voceiro do PSOE no concello de Pontevedra, o deputado no Congreso Guillermo Meijón, os deputados autonómicos Julio Torrado e Patricia Vilán, ou o ex secretario provincial do PSOE, Modesto Pose, non se perderon o paso de Patxi López por Pontevedra.
Publicado en PONTEVEDRA
PSOE> A voceira do grupo socialista, Josefa Hermo, acusa ó executivo de pagar dez mil euros no que vai de lexislatura a dous edís do equipo de goberno.
RIANXO> Os representantes das dúas formacións políticas trasladaranlle a Fomento e a ADIF as reclamacións realizadas polos veciños, esixíndolle que se restitúan as súas propiedades ó seu estado orixinal, antes do inicio da actuación.
Páxina 1 de 15
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: PSOE Top of Page

Síguenos en facebook