PSOE, BNG e PP respaldaron a proposta da Xunta para o saneamento da vila

plenonoiasaneamento.jpgNOIA> O proxecto, cun investimento total de preto dos catro millóns e medio de euros, podería iniciarse no segundo trimestre de 2011.

{flowplayer}barbanza/plenosaneamentonoia.flv{/flowplayer}

Despois de rexeitar ata dúas veces proxectos anteriores, ó non incluir unha rede separativa para as augas pluviais e fecais, a corporación municipal noiesa deu onte pola noite luz verde a esta nova actuación para o saneamento integral da vila. Unha actuación cun presuposto de preto dos 4’5 millóns de euros e que será sufragada na súa totalidade pola consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia.

Nas distintas intenvencións, aínda que con matices, tódolos grupos políticos coincidiron en sinalar da importancia desta obra.

Dende as filas populares aproveitaron a ocasión para arremeter contra o equipo de goberno ó que acusaron de querer desenvolver un proxecto anterior unitario a pesar de que presentaba importantes deficiencias .

O BNG tamén se congratulou do acordo, sinalando que se trataba dun momento histórico para a vila, dado a importancia do proxecto.

Esixencia de responsabilidades

Con anterioridade o grupo nacionalista solicitou sen éxito a inclusión dunha engádega á proposta de aprobación do proxecto de saneamento, a través da cal solicitaban o inicio dun expediente de esixencia de responsabilidades ás empresas executoras e ós directores de obra do colector de marxe e dos pozos de bombeo, por diferentes deficiencias detectadas na actuación, entre elas a construcción de trece tramos contra pendente. Despois deste primeiro paso, como foi a aprobación do proxecto, o seguinte trámite será a licitación da obra, un proceso que podería ralentizarse uns catro meses, polo que o inicio das obras, se todo marcha segundo o previsto, non se ejecutaría ata o segundo trimestre de 2011.

Redacción Barbanza