• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> Os veciños da zona da Carballa opóñense á ampliación do polígono de Xarás pola zona de Cudieiros. Ante esta opción, plantexada polo goberno, propoñen unha alternativa nuns terreos próximos cunha menor afección paisaxística e sen núcleos de poboación próximos.
RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do remate das obras de pavimentación de dous viais no polígono industrial de Xarás. A actuación, cun orzamento de máis de 54 mil euros, incluíu tamén a renovación a liña de pluviais. As dúas vías do parque empresarial nas que se actuou estaban bastante deterioradas, con numerosos baches que facían complexa a circulación pola zona.
RIBEIRA> Operarios da empresa Sistemas de Seguridade A-1, SL, contratada no seu día para a creación dun circuíto pechado de televisión para velar pola seguridade no parque empresarial, iniciaron esta mañá a instalación dos novos dispositivos, tanto na rotonda de acceso ó polígono como na avenida Ramiro Carregal Rey, no contorno do matadoiro comarcal ou na estrada AC-550. A actuación supuxo un investimento de 107.024,50 euros. Cabe lembrar que as cámaras xa foran instaladas hai uns meses, pero debido a defectos de fabricación que provocaban que se empañasen con rapidez obrigou a substituilas. O circuíto de videovixilancia está formado por un total de sete domos móbiles día/noite, controlados e monotorizados dende a sede da Policía Local.
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Polígono Xarás Top of Page

Síguenos en facebook