• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
A escaseza de capturas de polbo no mercado galego provocou unha escalada dos prezos deste cefalópodo que chegou a alcanzar os quince euros. A pesar destas contías non aptas para moitos petos, o produto segue tendo moita saída neste mes de agosto cando se incrementa notablemente a demanda. Off A pesar do bo arranque nas dúas primeira semanas trala veda, a campaña do polbo está a atravesar peores momento dada a escaseza do recurso. Tanto é asi, que algunhas embarcacións optaron por cambiar de arte. Inserto Escasean as capturas nun mes no que aumenta a demanda, especialmente por parte do sector hostaleiro. Estes dous factores inflúen no prezo que nas últimas semana acadou unha media de quince euros. Aínda así, os profesionais agardan a que a situación mellore da cara ós próximos meses, ó igal que acontecera o pasado ano cando a aparición de abundante cefalópodo a partir do mes de outubro fixo que se pechara a campaña cun dos mellores resultados dos últimos anos.
RIBEIRA> Tras mes e medio de veda, os polbeiros volveron a actividade. Nestas primeiras xornadas non foi difícil acadar os topes de trinta quilos. Os prezos mantéñense altos, en niveis moi similares ós de antes do paro.
RIBEIRA> Este venres iniciase a veda do polbo tras unha campaña máis que satisfactoria en capturas pero, sobre todo, en cotizacións. O prezo medio do quilo situouse en sete euros e medio acadando no que vai de ano unha facturación de máis dun millón de euros.
PORTO DO SON> As confrarías galegas traballan conxuntamente coa Consellería do Mar no deseño do plan do polbo para o presente ano. As federacións de Coruña e Pontevedra proponen unha veda de corenta e cinco días e a unificación dos topes en cincuenta quilos durante toda a campaña.
Publicado en portada
RIBEIRA> Péchase así unha campaña irregular en canto ós períodos de capturas aínda que moi satisfactoria no cómputo global.
Publicado en portada
RIBEIRA> División no seo da Federación Galega de Confrarías sobre a duración da veda do polbo. Os pósitos realizarán consultas entre os seus socios para trasladar ás propostas á Consellería do Mar. Mentres nalgunhas agrupación, como Muros, son partidarios de alongar o paro noutras, como Ribeira, piden que non dure máis dun mes.
RIBEIRA> As capturas de polbo na lonxa de Ribeira son sensiblemente inferiores á de anos anteriores. Aínda así o elevado prezo que está a alcanzar o cefalópodo en rula, cunha media de sete euros, está a salvar en parte a campaña.
RIBEIRA> Unha semana despois do arranque da campaña da nécora e do polbo, os produtores están bastante satisfeitos co balance. As dúas especies cotizan á alza debido á alta demanda despois de varios meses de veda.
Publicado en portada
RIBEIRA> A flota de artes menores afronta a partir de mañá unha difícil situación coa entrada en vigor da veda do polbo e a imposibilidade de mariscar en boa parte da ría por mor da toxina. Destaca ademais a baixada do prezo medio de venda das especies descargadas na lonxa de Ribeira.
Páxina 1 de 2
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Polbo Top of Page

Síguenos en facebook