• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> Hai unha semana que dende o Concello de Pontevedra presentaron a modificación puntual da ordenanza de veladores. Hoxe quixemos saír á rúa para coñecer a opinión que teñen tanto hostaleiros como cidadáns. A principal desconformidade atopase no horario de apertura, ás 9, a gran maioría da xente coa que hoxe falamos din que as terrazas deberían poder estar listas un pouco antes, en torno ás 8:30 da mañá.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Espectacular, desta maneira cualificou a presidenta da Deputación os datos turísticos que nos deixou este verán nas Rías Baixas. Os meses de xullo, agosto e setembro deixaron unha ocupación media do 82,,84 por cento, 4 puntos máis que no pasado 2016. O Salnés, Caldas e Pontevedra superaron neste verán o 85 por cento de ocupación.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O alcalde e o concelleiro delegado da Parroquia de Mourente visitaron esta mañá as obras de rehabilitación da Rúa do Costado. Uns traballos de 240 mil euros de investimento que estarán rematados no mes de novembro. Lores quixo sinalar que nos últimos dous anos nesta parroquia realizaron un investimento de preto de 2 millóns de euros, o que amosa a clara aposta do Concello polo rural pontevedrés.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A presidenta da Deputación e o director xeral de Emerxencias de Galicia anunciaron esta mañá os acordos adoptados no pleno do Consorcio Provincial de extinción de incendios. Os principais, a creación dunha comisión técnica propia de Pontevedra que analice as demandas da provincia, unha mesa que será constituída trala comisión a nivel galego.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A Peregrina foi testemuña directa dunha xornada diferente na praza. Curiosos, nenos e a comunidade ao completo de Amencer-Aspace déronse cita en Pontevedra para celebrar o Día Mundial da Parálise Cerebral.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A Marea de Pontevedra propón prorrogar o contrato da auga para gañar tempo ante a posibilidade de que o servizo remate sendo competencia do concello e non dunha concesionaria. A edil non adscrita de Poio, Silvia Díaz, presentará unha moción no seu concello para buscar a posibilidade de "mancomunar" con Pontevedra o servizo de augas.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> o Pazo da Cultura acollerá os vindeiros días 20-21 de outubro o Curso Atlántico. Unha cita que reunirá a máis de 200 especialistas en Oftalmoloxía de Galicia, España e Portugal. Un evento que ten como fin a constante aprendizaxe no mundo da medicina.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O concello de Pontevedra avanzou esta mañá a modificación puntual do regulamento de veladores. Unha modificación que propón un horario único de terrazas de 9:00 da mañá a 1:30 da noite. As sanción por incumprimento poden ir dos 300 aos 3000 euros. Se todo segue segundo o previsto, para este Nadal, xa podería entrar en vigor esta modificación puntual.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Nova concentración das organizacións sindicais da Policía Nacional en apoio aos seus compañeiros de Cataluña. Trátase dunha concentración que tivo lugar en todas as comisarías a nivel nacional, e onde pediron a dimisión do Ministro de Interior e do Presidente do Goberno se continúan neste posicionamento de deixar a un lado as súas funcións e non tomar cartas no asunto.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Engado e indignación entre os traballadores do Hospital Provincial e o Montecelo ante o peche dunhas 80 camas de Neumoloxía e Medicina Interna. Esta mañá concentráronse ás portas dos centros hospitalarios para denunciar que as unidades deberían estar abertas desde o pasado día 1. É parte do Manifesto que leron esta mañá desde a Agrupación de Profesionais da Saúde Pública, ás portas do Hospital Provincial de Pontevedra, para explicar o motivo das dúas concentración convocadas para esta mañá. A xerencia do CHOP comprometeuse a reabrir as camas pechadas durante o verán en Neumoloxía e Medicina Interna o día 1 de outubro, algo que non fixo. O que implica prexuízospara os usuarios pero tamén para os traballadores. Aínda que desde PROSAGAL nos contan que esta noite abriron as camas de Neumoloxía, explican que se debeu a que Urxencias estaba saturada. Pero que os profesionais deste unidade aínda non están incorporados e non teñen unha confirmación oficial da reapertura. O que os traballadores consideran unha tomadura de pelo, polo que isto conleva. Por todo iso, ademais de esixir a reapertura de camas, desde PROSAGAL piden ós usuarios que non acepten a derivación a hospitais privados cando lles digan que non hai camas dispoñibles na sanidade pública, habendo camas baleiras, e que esixan o cumprimento dos seus dereitos.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> 6 importadores polacos visitaron por primeira vez a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Durante a súa estadía puideron degustar 49 caldos das diferentes subzonas, entre os que se atopaban 1 espumoso , 2 tintos, e o resto eran todos brancos. Estes importadores quedaron encantados coa frescura e calidade deste viños das Rías Baixas.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Os campioas olímpicas Tamara Echegoyen ou Susana Rodríguez foron dúas das galardoadas esta fin de semana na quinta Gala do Deporte Feminino Galego, que se celebrou no Salón de Pleno da Deputación de Pontevedra. Un acto que serviu un ano máis para reivindicar o papel da muller, no Deporte, pero tamén, na sociedade en xeral. As mulleres chegaron a este nivel para quedarse, así explicou a presidente da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o papel que xoga o sexo feminino no mundo do Deporte. Fíxoo esta fin de semana na celebración da quinta Gala do Deporte Feminino que acolleu o Pazo Provincial. Na cita premiouse ás mellores galegas do ano 2016, nun acto que promove a asociación pola igualdade Mudegá, e que recoñeceu a labor entre outras de Tamara Echegoyen ou Susana Rodríguez, A campioa do mundo de vela e olímpica Tamara Echegoten, obtivo o premio á mellor deportista. E a viguesa Susana Rodríguez, diploma nos Xogos Paraolímpicos de Río, recolleu o premio á mellor deportista con diversidade funcional. Ademais a campioa de España de Alterofilia sub 15, Irene Blanco, obtivo o galardón á mellor promesa e a lanzadora de disco Ángeles Barreiro recibiu o de mellor traxectoria. Tamén se recoñeceu na gala a unha árbitra de taekwondo, a diversas entidades que colaboran co deporte feminino, a mulleres directivas de entidades deportivas.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook