• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PONTEVEDRA> O luns comezan as obras de acougado do tráfico no polígono de O Campiño. O concello actuará para crear itinerarios peonís en toda a zona e instalar lombos que poñan impedimentos á celebración de carreiras. O goberno local tamén anunciou que comezarán a elaborar un proxecto global de mellora da zona industrial. O concello de Pontevedra iniciará o vindeiro luns a actuación no polígono de O Campiño. Os traballos dirixiranse a crear itinerarios peonís e a acougar o tráfico, co obxectivo de frear a celebración de carreiras na zona. Para a comunidade de propietarios, estas medidas son ben recibidas. Tamén as últimas actuacións que xa realizou o goberno local na zona, como a limpeza de varias parcelas ou a mellora dos accesos. As actuacións irán máis aló. No encontro que mantiveron esta mañá representantes do concello e dos propietarios acordaron avanzar nun proxecto para mellorar toda a zona industrial. Actualmente, o polígono de O Campiño conta con 85 parcelas, e 61 empresas forman parte da comunidade de propietarios da zona industrial.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> DepoEmprende na Escola repite este curso. A Deputación de Pontevedra volverá poñer en marcha este programa, destinado a fomentar a actitude emprendedora entre os máis novos. Participarán 15 centros de educación infantil e primaria, aos que se sumarán, por primeira vez, seis institutos. Trala primeira edición do DepoEmprende na Escola, a Deputación de Pontevedra volve apostar por este programa. No curso que está a piques de comezar, chegará a centenares de alumnos da provincia. Nesta segunda edición, os alumnos de educación secundaria tamén se suman a este programa. Eles terán que xestionar unha cooperativa de comercio exterior, establecendo contactos reais con outros centros. Con este programa, a Deputación Provincial busca fomentar a actitude emprendedora entre os máis novos. Nesta cuestión tamén pediu a participación das demais administracións.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A aposta por potenciar Galicia como destino náutico é decidida. Esta mañá en Pontevedra presentouse o proxecto Ecodestin, que busca potenciar este sector na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A iniciativa, financiada con fondos europeos, conta con dous millóns de orzamento, e levarase en principio a dezasete portos galegos. Potenciar Galicia como destino náutico único e educativo é o obxectivo do Proxecto Ecodestin. A iniciativa busca integrar o patrimonio na oferta náutica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O plan conta cun investimento de máis de 2 millóns de euros, e desenvolverase dende o 2017 ao 2019. Combarro, Sanxenxo, Cabo da Cruz, Vilagarcía de Arousa ou Cambados son algúns dos portos galegos sobre os que actuará este plan, aos que se suman oito portugueses. A intención é atraer visitantes nacionais e, sobre todo, internacionais, facendo especial fincapé na promoción en Francia, Alemaña, Países Escandinavos e Norte América. Ofrecendo un produto completo e atractivo. Ademais deste proxecto, nas rías galegas xa funcionan os minicruceiros, os dez ferries previstos para o mes de setembro e as excursións en veleiro. Todo dando forma a unha oferta náutica que agarda estar a pleno rendemento o vindeiro ano.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Esta mañá a delegación francesa de Thau percorreu as rúas da cidade para coñecer o modelo que defende o concello de Pontevedra. O alcalde deste municipio do mediterráneo recoñeceuse na cidade de Pontevedra de antes, con atascos e bloqueos de circulación, por iso aspira a poder levar este modelo a súa vila.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Máis de 40 empresas participarán na cuarta edición do Pont Up Store. Unha cita que terá lugar do 21 ao 23 de setembro na Praza de España de Pontevedra. Este evento ten como fin potenciar a cultura emprendedora e contará con preto de 40 actividades formativas.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Canal Rías Baixas avanza na súa aposta por achegar á súa audiencia a información que máis lle interesa. Trala apertura da nova delegación en Pontevedra, esta casa dá un paso máis e estrea 'Pontevedra ás 10', un informativo específico para a capital de provincia e a súa comarca. 'Pontevedra ás 10' emitirase de luns a venres ás 22.00 horas. Será despois de 'As Novas do día', espazo informativo no que poderán seguir de preto toda a actualidade das comarcas de O Salnés, O Barbanza, Ulla-Umia e Muros-Noia.
Publicado en CANALRIASBAIXAS
Martes, 05 Setembro 2017 18:50

O peques comezan a súa "volta ao cole"

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra e a concelleira de Educación asistiron esta mañá, á xornada de portas abertas, que tiveron nesta xornada na rede de escolas infantís da cidade. Un novo curso académicos que chega como auga de maio para moitos pais e con algún choro para os máis pequenos da casa.
Publicado en PONTEVEDRA
Martes, 05 Setembro 2017 18:46

O concello oferta 44 prazas públicas

Pontevedra> O concello reforza o seu cadro de persoal cubrindo todas as vacantes. Ofertaranse 44 prazas, a maior parte da Brigada de Obras. Esta oferta cubrirase ao longo de dous anos, e suporá o 9 por cento dos postos de traballo do Concello.
Publicado en PONTEVEDRA
Luns, 04 Setembro 2017 19:21

Dezaoito anos de regresos á Idade Media

PONTEVEDRA> A deste ano foi unha das Feiras Francas máis multitudinarias, polo que a cita cumpriu a súa maioría de idade por todo o alto. Non en van, tense convertido nunha das celebracións preferidas polos pontevedreses e os veciños dos arredores, que non dubidan en botarse á rúa para recuperar a Idade Media. A Feira Franca de Pontevedra cumpriu os 18 anos nun perfecto estado de forma. A cita conseguiu que toda a cidade volver á Idade Media. Milleiros de persoas percorreron durante todo o sábado as rúas da zona monumental. Xogos populares, exhibicións e xantares compoñen a proposta dunha cita máis que consolidada, que xa reina no calendario festivo do verán galego. Fundamental é a implicación dos veciños, que levan dezaoito anos desempolvando as súas mellores galas medievais cada primeira fin de semana de setembro. Ninguén quere perder esta mestura entre romaría e historia. Nesta ocasión, a cita desenvolveuse sen incidencias importantes. Preto de 50 persoas acudiron ao posto de atención médica do Teatro Principal. A maioría das asistencias foron por lipotimias ou cortes.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> E agora sí que sí, Pontevedra xa está lista para celebrar a XVIII edición Da Feira Franca. Esta noite o espectáculo que terá lugar ás dez e media na Praza da Ferraría, dará o pistoletazo de saída a unha das festas máis concorridas do panorama galego. Dende o concello de Pontevedra animan a todo o mundo a desfrutar deste evento, iso sí, sen esquecerse que estamos no medievo.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A Xunta de Persoal dos Hospitais de Pontevedra non asinará a proposta da administración da mobilidade interna. Dende este organismo denuncian que hai 5 anos que non se convocan nin fan públicos os postos que quedan baleiros. O 5 deste mes manterán unha nova reunión para decidir que camiño emprender.
Publicado en PONTEVEDRA
Xoves, 31 Agosto 2017 17:19

Todo listo para volver ao medievo

Pontevedra> Posta a punto de Pontevedra para volver ao mediveo nesta fin de semana. Mañá dará comezo a Feira Franca, un dos eventos máis agardados na cidade, que neste 2017 cumpre a súa maioría de idade. Comercios e establecementos hostaleiros xa están listos para acoller a milleiros de persoas dende mañá ata o sábado.
Publicado en PONTEVEDRA
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook