• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra actuará en dúas novas rúas do entorno de Santa María. O goberno local xa traballa en varios puntos desta zona do casco histórico, pero hoxe anunciou que acometerá a reforma integral das rúas San Martiño e Eirado de Alvar Páez. A actuación contará cun investimento duns 150.000 euros. O concello de Pontevedra avanza na rehabilitación do entorno de Santa María, no caso histórico da cidade. Gulías visitou as obras que se están a realizar nas rúas Pratería Vella e Tristán Montenegro, financiadas con cargo ao ARI. Dende o concello están máis que satisfeitos cos resultados. Trala visita, a edil anunciou que está previsto rehabilitar dúas rúas máis do entorno de Santa María. Actuacións que contarán cun investimento total de 150.000 euros. Unha das novidades que se aplicou na reforma da rúa Praterías atópase no pavimento. Por primeira vez, o concello utilizou a pedra plana no centro e a chapacuña nos laterais, para evitar posibles problemas de accesibilidade. Non descartan aplicar esta fórmula noutras zonas.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Concello de Pontevedra e Deputación Provincial asinaron esta mañá dous convenios, un para o novo acceso a Príncipe Felipe e outro para a Ronda Leste. Trátase de dúas infraestruturas que terán un custe de 3,4 millóns de euros. O vicepresidente da Deputación anunciou hoxe que as obras estarán adxudicadas a final de ano e comezando os traballos na primavera do vindeiro 2018.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Amal en ruta aterrará no Teatro Principal de Pontevedra dende o 4 ao 9 de setembro. Unha cita que achegará á capital de provincia 7 traballos da última edición deste festival de cine euro árabe. Un evento que proxectará estes traballos de balde e con sesións ás nove da noite.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Os empregados da empresa Valoriza, a encargada do servizo do lixo en Poio, comezarán unha folga indefinida de recollida de lixo a partir do 16 deste mes. Mañá terán a última oportunidade de chegar a un acordo coa empresa. O punto de encontro estará nun aumento do soldo entre un 4 e 5 por cento, o que suporía un total de 70 euros ao mes para cada un dos 16 traballadores.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O Concello de Pontevedra ultima o expediente de contratación do servizo municipal de Auga. Unha iniciativa que inclúe 14,5 millóns de euros en saneamento. Un mínimo que permitirá abordar o saneamento das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André e Verducido.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Con motivo das festas da Peregrina, e como ben sendo tradicional , esta noite a partir das once, quedarán pechadas ao tráfico asas rúas Raíña Victoria e Alameda. Unha medida que se manterá durante 17 días, ata o 23 deste mes.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A nova estación para Pontevedra está cada vez máis preto. Esta mañá, Xunta e concello asinaron o convenio que dará o impulso definitivo a este proxecto. Como novidade, a intención do goberno autonómico é crear un espazo intermodal entre as estacións de tren e de autobús, para facilitar os desprazamentos entre ambas. Un espazo intermodal unirá as estacións de tren e autobús en Pontevedra. Esta é a aposta do novo proxecto para a cidade, que hoxe cobrou pulo trala sinatura do convenio entre a Xunta e o concello capitalino, que teñen o compromiso de consensuar os traballos. Ambas terminais estarán unidas por un itinerario peonil a pé de rúa protexido por unha pérgola. A actuación contempla tamén a reordenación da zona actual de aparcadoiro fronte a estación de autobuses, que incluirá unha parada de taxis e un espazo para parar diante e deixar ou recoller pasaxeiros. Suprimirase, ademais, a actual saída que se trasladará a Josefina Arruti. No marco deste proxecto a Xunta inclúe tamén 1,5 millóns de euros para a reforma da estación de autobuses. Unha intervención que renovaría a fachada e a cuberta, reordenaría espazos e melloraría sistemas eléctricos, iluminación e mobiliario. A actuación contará cun investimento de 4 millóns de euros. Un deles sairá das arcas municipais. A intención é que a obra estea contratada no segundo semestre de 2018, cun prazo de execución aproximado de doce meses. Rueda destacou que, ademais da estación intermodal, a Xunta tamén investiu cartos na capital para a ampliación de Montecelo, a reforma do antigo edificio administrativo de Benito Corbal, a variante de Alba e o novo edificio xudicial de A Parda.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Para finais do 2018 dende a Deputación de Pontevedra agardan que seis concellos da provincia estean compostando ao 100 % os seus residuos orgánicos. O que significa que a finais dese ano, e neses concellos, desaparecerá o colector verde no que se deposita todo o mesturado. Unha supresión que determinará se o proceso funciona ou non.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O mes de agosto chega con alternancia de nubes e claros e sen probabilidade de precipitacións. Tras un mes de xuño excepcional, xullo chegou algo revolto e para este mes de agosto que estamos a pique de inaugurar, a cidadanía e o turismo, piden sol e calor, a temperatura típica para esta época do ano.
Publicado en PONTEVEDRA
POIO> O Partido Popular de Poio quere abordar a regularización catastral nun pleno extraordinario. A formación presentou hoxe a solicitude trala asemblea veciñal celebrada o domingo. Ángel Moldes busca o apoio da corporación para conseguir unha rebaixa do IBI e bonificacións no rural. O Partido Popular de Poio quere abordar a regularización catastral nun pleno extraordinario. Esta mañá, o voceiro Ángel Moldes presentou a solicitude no rexistro, despois de conseguir o apoio dos veciños que asistiron á asemblea celebrada o pasado domingo. Actualmente, o IBI en Poio sitúase nun 0,47, pero a lei permite rebaixalo ata un 0,40. Na súa proposta, tamén solicitan bonificacións no rural. Na sesión plenaria, Moldes buscará o apoio da maioría da corporación para sacar adiante a súa proposta que, asegurou, é construtiva. O voceiro popular explicou que o pleno debería estar convocado nun prazo de quince días.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Despois de moitos anos agardando, os veciños de Pontesampaio, en Pontevedra, contarán cunha remodelación profunda na zona da Xunqueira. Unhas obras que comezarán a inicios do vindeiro 2018 e que contarán cun investimento de 2.5 millóns de euros. Trátase dun proxecto que recuperará preto de 30 mil metros na parroquia O concello de Pontevedra ven de anunciar nesta xornada unha profunda remodelación da zona da Xunqueira, en Pontesampaio. O cambio máis agardado é a creación dun novo campo de futbol. Uns traballos, que se acometerán na primeira fase, contarán cun investimento de máis dun millón de euros e estará listo, se todo segue segundo o previsto para a tempada 2018-2019. A segunda fase desta remodelación céntrase no derrubamento do actual campo de fútbol, a ampliación da praia e a creación dunha alameda con zonas verdes e de xogos para os pequenos. Uns traballos ambiciosos nos que o concello investirá 2,5 millóns de euros. O concelleiro Raimundo González amosouse satisfeito e orgulloso de poder presentar este proxecto que trae consigo un cambio considerable para esta parroquia pontevedresa coa recuperación de 30 mil metros cadrados.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Pontevedra acolle neste venres e mañá sábado unha nova edición de Paseantes. Unha iniciativa, organizada polo concello, e que ten como fin potenciar a música a través de diversos concertos en directo pola cidade ao longo de todo o día. Dende as 12 da mañá e ata as 22:30 poderán desfrutar deste Paseantes en numerosos puntos da cidade do Lérez.
Publicado en PONTEVEDRA
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook