• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PONTEVEDRA> A xunta investiu máis de dous millóns de euros en 590.000 doses, que irán destinadas sobre todo a maiores de 65 anos e grupos de risco, como poden ser enfermos crónicos ou o persoal sanitario.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra impón unha media de 42 multas diarias das cales 18 corresponden a cidadáns da propia capital. Para intentar rebaixar esta ratio, o consistorio ven de mercar un vehículo ó que dotará das novas tecnoloxías para precisar o tempo de aparcamento de cada automóbil. Non queren chamalo multamóbil como o que opera noutras cidades porque din que o fin é precisamente ó contrario.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Pontevedra acollerá o vindeiro semana o encontro de supercopa de waterpolo: un partido que dá boa mostra do nivel competitivo que hai na cidade do Lérez en torno a este deporte, grazas, sobre todo, á acción do Club Galaico.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Cando está a piques de rematar unha das vendimas máis abondosas dos últimos anos, con arredor de 33 millóns de quilos de uvas, a Ruta do Viño Rías Baixas fixo un balance moi positivo das últimas iniciativas pioneiras destinadas á promoción do turismo enolóxico nas nosas zonas vitivinícolas. E é que a cultura do viño converteuse nun aliciente máis para visitar a nosa comunidade.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Novo caso sobre tráfico de drogas listo para sentencia na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra. Desta volta eran tres veciños do Barbanza os que sentaban no banquiño dos acusados por un suposto tráfico de estupefacientes ocorrido no 2009 en Castrelo, Cambados. Dous rapaces actuarían por encargo dun coñecido traficante de Boiro, cando foron interceptados por axentes da Garda Civil.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A Garda Civil vén de deter en Pontevedra a seis persoas como presuntas integrantes dunha importante organización de narcotraficantes que trataba de introducir case unha tonelada de cocaína en España. A operación Vitriolo, como se denominou este operativo, saldouse en total con 18 arrestados nas últimas horas, os seis de Pontevedra, máis dez individuos en Barcelona e dous en Portugal.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Ambas instituciónS veñen de asinar un acordo a través do cal se van celebrar 42 charlas informativas sobre o alzheimer na maioría de concellos da provincia. O obxectivo, entre outros, é dar a coñecer as claves sobre como tratar esta enfermidade e como detectala de xeito precoz.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Tres ladróns intentaron de novo esta semana roubar nunha perfumería de Pontevedra na que xa hurtaran a semana pasada. As dependientes foron quen de impedir un novo roubo. Con todo, á vista dos últimos roubos, a cidadanía desta Capital de Provincia non ten a sensación de vivir nunha cidade insegura.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA>A Fiscalía pide tres anos de cadea para un mozo de Ribadumia, residente en Vilanova, e outros cinco para un veciño de Pontevedra de sesenta anos por tráfico de drogas fai agora un ano. Esta mañá celebrouse a vista na Audiencia de Pontevedra onde o caso quedou visto para sentencia.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Restablécese o clima de cordialidade entre o Ministerio de Fomento e o Concello de Pontevedra polas obras do Tren de Alta Velocidade. Finalmente a Dirección de obra encargarase de que se solucionen tódolos desperfectos ocasionados por esta destacada actuación co que o Consistorio non poñerá trabas intencionadas ó desenvolvemento das mesmas.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> As rúas de Pontevedra foron esta media mañá escenario dunha persecución policial de película. A Policía Nacional estivo buscando por terra e aire a un vello coñecido das forzas da orde que roubou un vehículo en Vigo. O exconvicto protagonizou unha espectacular fuxida polo casco urbano no que bateu a uns quince coches. Finalizou a fuxida correndo polas rúas da cidade. Aínda segue en liberdade. É perigoso e descoñécese se vai armado.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Celebrarase na cidade do Lérez entre o 23 e o 24 deste mes. A iniciativa botou a andar o ano pasado para dinamizar o mercado laboral e impulsar o contacto entre demandantes e ofertantes de emprego. Esa primeira edición superou tódalas previsións de acollida e participantes, algo que agardan repetir nesta, pero limando certos aspectos. De aí as novidades coas que chega este 2013. Entre elas, o modo de entrega de currículos, as entrevistas de traballo con empresas ou o funcionamento de obradoiros e talleres.
Publicado en PONTEVEDRA
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook