09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
MUROS> Os concellos da Mancomunidade da Serra do Barbanza contan cunha nova pá cargadora para a recollida de lixo. A adquisición deste vehículo, xunto ó alugueiro de tres camións, contribuirá a normalizar o servizos. Mentres tanto, a entidade acordou impoñer unha nova penalidade á empresa adxudicataria por unha serie de incumprimentos.
NOIA> Continúan os problemas coa recollida do lixo nos concellos integrados en Serra do Barbanza. A Mancomunidade manterá unha xuntanza este mércores para valorar as posibles accións a tomar ante a ineficiencia do servizo por parte da concesionaria.
BOIRO> O concello de Boiro adquiriu un novo camión de recollida do lixo para mellorar o servizo. O vehículo, valorado en máis de cento cincuenta mil euros, suporá un importante aforro tanto a nivel enerxético como de mantemento.
RIBEIRA> Ribeira ten incrementado nun trinta por cento os niveis de reciclaxe de vidro grazas ó sistema de recollida posto en marcha hai uns meses por Ecovidrio. Destaca especialmente a implicación do sector hostaleiro para facilitar o transporte e depósito dos residuos.
POBRA> Como xa fixera en anos anteriores, o BNG da Pobra volverá a levar a pleno o cambio no modelo de xestión do lixo. Reclaman a integración na mancomunidade Serra do Barbanza contra o que consideran un modelo ineficiente e pouco sustentable como o de Sogama.
MUROS> O concello de Muros anima á cidadanía a facer uso do servizo municipal de recollida de enseres. Chamando previamente a empresa responsable indica a data para o depósito do residuos evitando que permanezan na rúa.
LOUSAME> Os problemas coa recollida de lixo están a ocasionar molestias en tódolos concellos que pertencen a Serra do Barbanza. Dende a Mancomunidade estanse a realizar os trámites necesarios para a reposición de colectores e a reparación dos camións, de xeito que se poida prestar o servizo con normalidade.
BARBANZA> A Mancomunidade Serra do Barbanza investirá preto de cento vinte mil euros na renovación dos colectores en tódolos concello ós que presta servizo.
PONTEVEDRA> A adxudicación do servizo de recollida de lixo de Poio pon en garda á UXT. O sindicato sospeita da viabilidade das condicións ofertadas pola empresa gañadora do concurso público, a proposta que ofrece a maior cantidade de medios por case 100 mil euros menos que o resto das empresas presentadas. Unhas vantaxe para o concello que, segundo a UXT, acabarán repercutindo sobre as condicións laborais dos traballadores.
Publicado en PONTEVEDRA
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Recollida de lixo Top of Page

Síguenos en facebook