Sanxenxo á cabeza de Galicia en certificados de calidade

     SANXENXO> 82 firmas e lugares de Sanxenxo recibiron os seus diplomas e placas acreditativas que certifican a súa calidade turística a través do SICTED

    {flowplayer}images/salnes/EntregaSicted_190313.flv{/flowplayer}

    Sanxenxo reafírmase como o destino turístico por exlecencia de Galicia. Coas 82 certificacións do SICTED, Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos, convértese no concello da comunidade que máis ostenta. Desas 82, 55 repiten con respecto ó ano pasado, 12 fanno por primeira vez e outras 10 as acadarán o vindeiro curso. Ademais, 10 delas acadan a Q da caildade.

    A alcaldesa amosouse moi orgullosa por este traballo feito e animou ás empresas a que sigan traballando en busca da excelencia nos seus servizos. 

    Na xornda técinica desta mañá, na que tamén se explicou a situación do proxecto SICTED en España, tomaron parte o vicepresidente provincial Chema Figueroa e o presidente de CETS, Francisco González, que tamén fixo unha valoración moi positiva polo número de distittivos acadados.

    González referíuse así mesmo ás malas previsións para esta Semana Santa en canto a ocupación hoteleira se refiere. O problema: a crise, a climatoloxía e que os festivos caian tan cedo no calendario, o que provocará que moitos hoteis nin sequera abran as súas portas. 

    Redacción Salnés