• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
SANXENXO> A xunta local de seguridade reuniuse esta mañá en Sanxenxo. Subdelegada do goberno, alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local mantiveron un encontro para analizar a situación e as necesidades do municipio de cara o verán. Non en van, Sanxenxo multiplica por seis a súa poboación no verán, converténdose nun punto de atención prioritaria. A seguridade é unha prioridade para Sanxenxo. Tras vinte días na alcaldía, Telmo Martín convocou esta mañá a Xunta Local de Seguridade. Un encontro ao que asistiron a subdelegada do goberno, o alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local. No verán a vila multiplica por seis a súa poboación, un feito que a converte nun foco de atención para a Subdelegación do Goberno que, de ser necesario, non desbota incrementar os efectivos na zona. A Garda Civil traballa de xeito coordinado coa Policía Local, que a día de hoxe conta con 49 efectivos que garantirán a seguridade dos visitantes. Principalmente, en dous eidos: regular o tráfico e a movida nocturna. Esta reunión prodúcese despois de que Martín mantivera onte encontros cos propietarios de todos os locais do porto deportivo, para intercambiar opinións sobre os problemas de seguridade que se teñen producido nos últimos tempos. Ambas partes coinciden en que a movida forma parte da oferta do destino, polo que ven necesario garantir que sexa de calidade e en orde.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O concello de Sanxenxo presentou aos 24 auxiliares de Policía Local que durante este verán terán como misión garantir a seguridade da vila. O custe de este aumento de efectivos de seguridade ascende a 131.000 euros.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POBRA> O BNG da Pobra demanda a toma de medidas para garantir unha maior seguridade cidadá no municipio. Solicitan ademais que se cumpra cun acordo adoptado xa en 2003 polo cal se cedeu un local municipal á Garda Civil para manter un posto do instituto armado na vila.
RIBEIRA> O BNG de Ribeira solicita a adopción de medidas de seguridade na contorna do novo parque infantil da Punta do Castro. Ademais da instalación dunha beirarrúa para a mellora do acceso ás instalacións demandan o balado dun desnivel existente entre a zona recreativa e o edificio de usos portuarios.
Pontevedra> Neste 19 de abril, conmemorase o día mundial da bicicleta, e con motivo desta xornada dende a Asociación Pedaladas, en Pontevedra, quixeron render homenaxe a Jorge Varcácel. O mozo que morreu hai pouco máis dunha semana na 308 froito da violencia viaria. Dende esta entidade demandan máis precaución e respecto aos condutores.
Publicado en PONTEVEDRA
Precisamente con motivos deste aumento da poboación durante estas festas, o concello de Sanxenxo reforza a seguridade no seu porto deportivo nas noites da Semana Santa. O obxectivo é evitar que se produzan altercados vencellados co ocio nocturno. Os vixiantes estarán no peirao durante as noites, entre xoves santo e o próximo domingo. A enorme afluencia de persoas que rexistra este equipamento público durante a Semana Santa obriga a aumentar a vixilancia para velar polo bo uso das instalacións, e así garantir a compatibilidade dun ocio de calidade coa actividade do porto. Nesta caso, os vixilantes de seguridade privados pasan dun reforzo de seis, que era o que se tiña o ano pasado por estas datas, a un total de dez efectivos. Éstes estarán do xoves ó domingo, desde as doce da noite ás oito da mañá. O alcalde explicou tamén que durante estes días, facilitarán a circulación na rúa Luis Rocafort, que se atopa en obras. onzalo Pita animou ós veciños e visitantes a disfrutan en Sanxenxo desde días e fixo un chamamento para que isto se faga sempre con respecto cara ós demais cidadáns.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> Dende a Deputación de Pontevedra veñen de reforzar área de mobilidade coa creación dun xefe de servizo e un director nesta sección. Francisco Alonso e Daniel Romay serán, dende hoxe, os encargados de velar pola conservación e bo estado das estradas provinciais.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCIA> A praza de abastos en Vilagarcía, está a sufrir nos últimos tempos roubos. Unha situación que dende o colectivo de placeiros denuncian, e polo que solicitan ao concello da vila maiores medidas de seguridade nas instalacións de este edificio municipal. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A Deputación de Pontevedra acolleu ao longo deste xornada a presentación do Plan Móvese. Un acto ao no que participaron representantes da Dirección Xeral de Tráfico, de Stop Accidentes e da Policía Local da cidade do Lérez. O obxectivo desta iniciativa e conseguir reducir os sinistros na provincia de Pontevedra a través de preto de 500 lombos que se instalarán na rede de estradas provinciais. 
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O Bloque Nacionalista deu a coñecer esta mañá en Pontevedra a primeira iniciativa que van a presentar no Parlamento Galego. Esta medida consistirá nun novo modelo de seguridade e mobilidade viaria para a nosa comunidade. A líder nacionalista, que estivo esta mañá na cidade do Lérez, dixo que a prioridade para este plan é en primeiro termo xestionar todas as competencias en materia viaria dende Galicia. 
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> A partir deste sábado as rúas do concello de Ribeira estarán ben vixiadas, como cada verán, da man dunha nova promoción da Policía Infantil. Os novos membros tomaron posesión do seu cargo.
Martes, 29 Marzo 2016 20:14

A reforma de Luis Rocafort máis preto

PONTEVEDRA> O Deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, e o alcalde de Sanxenxo, anunciaron hoxe en rolda de prensa a resolución do contrato da obra de Luís Rocafort, a probación de un novo proxecto e a licitación da obra en cuestión de semanas para que poda empezar o rematar o verán e estar lista para o verán de 2017.    A Deputación de Pontevedra asumirá os 600.000 euros máis que custará o novo proxecto de reforma da rúa Luis Rocafort en Sanxenxo. Nunha reunión celebrada hoxe o Deputado de Mobilidade recoñeceu que o proxecto era herdado da anterior corporación, pero que presentaba moitas deficiencias.  Os cartos para financiar este obra que contempla a totalidade do trazado da vía será asumido nun 70% pola entidade provincial, e nun 30% polo concello. O novo proxecto non contempla a construción de un túnel na rotonda de Arnelas. Gonzalo Pita pediu a comprensión dos veciños afectados pola dilación das obras, aínda que recalcou que o retraso repercutirá nunha actuación de calidade e seguridade en toda a rúa.
 
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 2
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Seguridade Top of Page

Síguenos en facebook