• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
SANXENXO> A xunta local de seguridade reuniuse esta mañá en Sanxenxo. Subdelegada do goberno, alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local mantiveron un encontro para analizar a situación e as necesidades do municipio de cara o verán. Non en van, Sanxenxo multiplica por seis a súa poboación no verán, converténdose nun punto de atención prioritaria. A seguridade é unha prioridade para Sanxenxo. Tras vinte días na alcaldía, Telmo Martín convocou esta mañá a Xunta Local de Seguridade. Un encontro ao que asistiron a subdelegada do goberno, o alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local. No verán a vila multiplica por seis a súa poboación, un feito que a converte nun foco de atención para a Subdelegación do Goberno que, de ser necesario, non desbota incrementar os efectivos na zona. A Garda Civil traballa de xeito coordinado coa Policía Local, que a día de hoxe conta con 49 efectivos que garantirán a seguridade dos visitantes. Principalmente, en dous eidos: regular o tráfico e a movida nocturna. Esta reunión prodúcese despois de que Martín mantivera onte encontros cos propietarios de todos os locais do porto deportivo, para intercambiar opinións sobre os problemas de seguridade que se teñen producido nos últimos tempos. Ambas partes coinciden en que a movida forma parte da oferta do destino, polo que ven necesario garantir que sexa de calidade e en orde.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a adxudicación, á empresa Valora Consultores, da redacción do Plan Estratéxico de turismo. Unha rolda, a desta mañá, onde a presidenta criticou as declaracións de Nava Castro, en relación a unificación das oficinas de turismo, e lembroulle que, dende a administración galega non fixeron os deberes neste eido.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A Ponte de Maio deixou un 77, 15 por cento de ocupación na provincia, 15 puntos máis que no mesmo período do pasado ano. Concellos como o do Grove superou o 80 por cento e Pontevedra o 90. Uns datos, que segundo a Presidenta da Deputación, son máis que positivos para as Rías Baixas.
Publicado en PONTEVEDRA
BARBANZA> As cifras sitúan a esta comarca coma unha das máis relevantes dentro da oferta da nosa comunidade.
Pontevedra> A provincia de Pontevedra ven de vivir a mellor Semana Santa dende o ano 2010 cun 85,59 por cento de ocupación. Concellos como o de Sanxenxo e O Grove tiveron un 100% de ocupación nos días fortes deste periodo vacacional, entre o xoves e o domingo.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> O turismo disparouse durante esta Semana Santa conseguindo segundo sinalan fontes do sector cifras de ocupación históricas. A ocupación en Sanxenxo durante estas datas sinaladas achegouse a case o 90% da oferta.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBEIRA> A afluencia de visitantes na comarca de Barbanza está a superar as mellores previsións. A ampla oferta de ocio e cultura, unida ás innmellorables condicións meteorolóxicas, fai de Arousa Norte un destino ideal para esta Semana Santa.
Pontevedra> Concello de Pontevedra e Deputación provincial unifican o servizo de información turística de Pontevedra no Palacete das Mendozas. Dende estas dúas administracións agardan a incorporación do servizo da Xunta, co fin, din, de facilitar toda a información necesaria, e contar cun único punto para os visitantes da Boa Vila.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Dende a Deputación de Pontevedra agardan unha ocupación do 75 por cento para a Semana Santa nas Rías Baixas. A presidenta dixo esta mañá que se agarda a mellor Semana Santa dos últimos anos para a provincia. Concellos como os de Sanxenxo, Pontevedra ou O Grove estarán rozando o cheo durante este periodo vacacional.
Publicado en PONTEVEDRA
PORTO DO SON> As rías galegas tal como eran. Este é o lema que resume a campaña de promoción turística do destino Muros Noia. Dentro do plan estratéxico para dinamizar turísticamente esta ría destaca o deseño dunhas guías de servizos e actividades que xa están listas para os visitantes que se acheguen ata a zona esta Semana Santa.
SANXENXO> Esta mañá celebrouse en Sanxenxo unha Xornada sobre Lexislación Turística, organizada polo Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo. Na mesma participaron o alcalde de Sanxenxo ou a Directora Xeral de Turismo de Galicia, entre outros. O salón de actos do Auditorio Emilia Pardo Bazán, en Sanxenxo, acolleu este xoves a Xornada sobre Lexislación Turística. Unha iniciativa moi produtiva para os profesionais do sector, que puideron actualizarse en canto a achegas autonómicas e diferentes regulamentos relacionados co sector. A xornada estivo dividida en dúas partes. a primeira estivo dedicada ao Turespazo e a segunda a lexislación turística. Ademais falouse tamén da nova incorporación dun sistema de valoración por puntos para os hoteis e pensións e a incorporación do termo "superior" en todas as categorías. Unha xornada na que os membros do sector da hostalería puideron asistir de balde, e poñerse ao día das novidades que nos vindeiros meses afectaran o mesmo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> A casa do Cuadrante, en Vilanova de Arousa, acolleu este martes a presentación da primeira guía conxunta das Casas Museo de Valle Inclán que se atopan nos municipios de Vilanova e a Pobra do Caramiñal.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 13
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Turismo Top of Page

Síguenos en facebook