Vixilancia Aduaneira e Garda Civil incautan no Grove 2,5 toneladas de cocaína

O SALNÉS> Novo golpe ao narcotráfico na Ría de Arousa. O operativo levado a cabo esta noite por Vixilancia Aduaneira e a Garda civil remata con dous detidos e 2,5 toneladas de cocaína incautadas.

As patrulleiras de Vixilancia Aduaneira Águila-I de Marín e Águila-V de Vilagarcía xunto coa Garda Civil perseguiron ás dúas planeadoras sospeitosas de transportar a droga. Os narcotraficantes dividiron as súas rutas o que obrigou aos corpos de seguridade a perseguir por separado ás embarcacións.

Unha das planeadoras foi detida no concello do Grove pola embarcación Águila-I. Mentres que a outra intentou escapar cara cambados á vez que lanzaba a droga ao mar. Finalmente encallou na desembocadura do río Umia, o tripulante escapou a pé, sendo detido posteriormente pola garda civil. A droga foi recollida pola Águila-V.

A operación rematou preto das 7 da maña, o resultado son dous detidos e dúas con 2,5 toneladas de cocaína incautadas. A pesar das detencións, os corpos de seguridade manteñen aberta a investigación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí