• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILAGARCÍA> A xunta de persoal do Hospital do Salnés busca o apoio dos concellos para defender a área sanitaria. Esta mañá, mantiveron un encontro cos representantes dos concellos de Vilagarcía, Cambados, A Illa e Ribadumia, para trazar unha fronte común contra o anteproxecto de lei sa Xunta. Consideran que dá un paso máis na privatización da sanidade pública, polo que responderán coa mobilización social. A xunta de persoal do Hospital do Salnés buscou alianza cos alcaldes da área sanitaria para defender o centro do anteproxecto de lei que quere levar adiante a Xunta. Unha proposta que, aseguran, é un paso máis na privatización da sanidade pública. A súa postura foi defendida tamén polos alcaldes. Ao encontro acudiron os rexedores de Vilagarcía, Cambados e A Illa de Arousa, ademais dunha edil do concello de Ribadumia. Catoira non puido asistir por problemas de axenda, o mesmo motivo co que desculpou a súa ausencia o alcalde de Vilanova. Un dos primeiros pasos, será elaborar unha moción conxunta para levar aos plenos de todos os concellos que forman parte da área sanitaria de O Salnés. Tamén apostan pola mobilización social. De feito, a xunta de persoal pon a disposición dos que o desexen un texto tipo para presentar suxestións. O vindeiro xoves a xunta de persoal manterá un encontro con concelleiros doutros grupos políticos e cos sindicatos. Tamén buscarán unha folla de ruta común coas áreas sanitarias de Monforte, Burela e O Barco, as outras afectadas polo anteproxecto.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> A Xunta de Galicia colabora coa Federación Galega de Ciclismo no reparto de cortaventos reflectantes destinados a garantir a visibilidade dos deportistas nas estradas e a aumentar así a súa seguridade. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, realizou esta mañá en Boiro a entrega destas prendas.
GALICIA> A primeira Lei de Portos de Galicia será remitida ao Parlamento para que comece a súa tramitación. Este regulamento permitirá, segundo a administración galega, mellorar as infraestruturas e os servizos dos 122 peiraos dependentes da Xunta.
Publicado en GALICIA
PONTEVEDRA> A nova estación para Pontevedra está cada vez máis preto. Esta mañá, Xunta e concello asinaron o convenio que dará o impulso definitivo a este proxecto. Como novidade, a intención do goberno autonómico é crear un espazo intermodal entre as estacións de tren e de autobús, para facilitar os desprazamentos entre ambas. Un espazo intermodal unirá as estacións de tren e autobús en Pontevedra. Esta é a aposta do novo proxecto para a cidade, que hoxe cobrou pulo trala sinatura do convenio entre a Xunta e o concello capitalino, que teñen o compromiso de consensuar os traballos. Ambas terminais estarán unidas por un itinerario peonil a pé de rúa protexido por unha pérgola. A actuación contempla tamén a reordenación da zona actual de aparcadoiro fronte a estación de autobuses, que incluirá unha parada de taxis e un espazo para parar diante e deixar ou recoller pasaxeiros. Suprimirase, ademais, a actual saída que se trasladará a Josefina Arruti. No marco deste proxecto a Xunta inclúe tamén 1,5 millóns de euros para a reforma da estación de autobuses. Unha intervención que renovaría a fachada e a cuberta, reordenaría espazos e melloraría sistemas eléctricos, iluminación e mobiliario. A actuación contará cun investimento de 4 millóns de euros. Un deles sairá das arcas municipais. A intención é que a obra estea contratada no segundo semestre de 2018, cun prazo de execución aproximado de doce meses. Rueda destacou que, ademais da estación intermodal, a Xunta tamén investiu cartos na capital para a ampliación de Montecelo, a reforma do antigo edificio administrativo de Benito Corbal, a variante de Alba e o novo edificio xudicial de A Parda.
Publicado en PONTEVEDRA
A ILLA> O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, trasladouse esta mañá ata o illote de Areoso na Illa de Arousa, onde visitou os traballos que se están a realizar no xacemento arqueolóxico que alí se sitúa. Rodríguez afirmou que este "é un dos xacementos máis importantes de Galicia".
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A Xunta de Galicia di que non ten ningún problema en sentarse a dialogar sobre a comarcalizacion do parque de bombeiros en Pontevedra. Iso sí, ten claro que unha das clave para levar a cabo esta demanda é non realizar un maior investimento neste servizo. A Xunta di que na actualidade é a Deputación de Pontevedra a que non se quere sentar a analizar esta problemática.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O deputado socialista López Font criticou duramente o mapa de emerxencias que onte lles presentou o vicepresidente da Xunta da nosa comunidade. Font di que se trata dunha encerrona que obriga ás deputacións galegas a asinar un papel onde nada se fala dun modelo de isócronas.
Publicado en PONTEVEDRA
LOUSAME> As actuacións previstas incluirán a construción dun patio cuberto e a renovación do parque infantil público existente no interior do recinto. O proxecto de cuberta exterior no colexio Cernadas de Castro será asumido pola consellería de Educación e consistirá na creación dun patio cuberto no que se empregará policarbonato celular e paneis nervados, un material axeitado para as condicións climatolóxicas da zona. O patio, que permitirá que o alumnado do centro conte cun espazo máis amplo para as actividades no exterior sen depender da meteoroloxía, está orzamentado nuns 60 mil euros. En canto á outra actuación prevista, a da renovación do parque público existente no centro, ascenderá a uns 63 mil euros, dos que a consellería da Vicepresidencia achegará uns 40 mil e a cantidade restante será asumida polo propio Concello. Entre os traballos a desenvolver figuran a renovación dos elementos de xogo existentes e a colocaión doutros novos, cumpríndose así as medidas de prevención de riscos e de seguridade deste tipo de espazos.
Pontevedra> A Deputación de Pontevedra quixo amosar esta mañá o seu compromiso con Príncipe Felipe e a súa vontade de erradicar a violencia neste centro. Mosquera dixo esta mañá que ten claro que eses 5-6 mozos conflitivos non seguirán o vindeiro curso neste centro.
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> As Catas de Galicia de Viños, Augardentes e Licores Tradicionais celebraron onte o acto no que se recoñeceron o mellor caldo branco e tinto do ano. No acto, que se celebrou en Cambados, déronse cita importantes rostros da política, do mundo empresarial e social da comunidade.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> Ultimato da Deputación de Pontevedra á Xunta de Galicia en relación á situación do Príncipe Felipe. Dende o Pazo Provincial din que non teñen inconvinte en recibir aos nenos e mozos que lle mandan dende o Goberno Galego, pero o que non poden permitir é que mozos conflitivos e con antecedentes entren neste centro, porque senon, a filosofía do mesmo estaría caendo polo seu propio pé.
Publicado en PONTEVEDRA
MEIS> Melloras exteriores e novo equipamentos. Con todas estas novidades comezará o curso que ven a gardería de Meis. Uns cambios financiados pola Xunta de Galicia.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 19
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Xunta de Galicia Top of Page

Síguenos en facebook