Adrián Mosquera competirá no Europeo cunha pá doada polo concello de Rianxo

    RIANXO> O concello de Rianxo vén de entregar unha pá de fibra de carbono ó piragüista Adrián Mosquera. Deste xeito pretenden recoñecer os importantes éxitos acadados polo deportista rianxeiro e apoialo de cara ó campionato europeo que disputará a próxima semana en Bulgaria. Coa entrega desta pá, o executivo rianxeiro busca apoiar a carreira do piragüista Adrián Mosquera que hai dous meses era recoñecido na Gala do Deporte do concello como mellor deportista do ano. Recoñecemento máis que merecido en vista dos últimos éxitos colleitados polo deportista que tras gañar o campionato de España conseguiu unha praza para o europeo que desputará a próxima semana en Bulgaria. Aínda que actualmente milita no club Rías Baixas de Boiro, Mosquera amosouse moi agradecido polo apoio do seu concello do que levará un anaquiño a Bulgaria, a través do escudo gravado na súa nova pá. Por diante queda o último obxectivo a cumprir. A clasificación para o campionato do mundo para a que terá unha oportunidade este sábado.