Aforros e lotería para xustificar un patrimonio millonario

    fotoxuizocopia.jpgPONTEVEDRA> Guillermo Abalo, a súa muller e os seus pais sentáronse esta mañá no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/XuizoFamiliaAbaloNarcotrafico.flv{/flowplayer}

    Os catro están acusados dun delito de branqueo de capitais procedentes, presuntamente, do narcotráfico. O vilagarcián xa fora condenado hai 13 anos por traficar con cocaína. A unha pena de oito anos e un día de prisión o condenara no ano 98 a Audiencia Provincial de Zaragoza por vender tres quilos de cocaína. A súa muller e o seu pai responderon esta mañá durante o xuízo só ás preguntas do seu avogado e declararon non ter coñecemento desta condena. Ademais dixeron tamén que o patrimonio da familia procede dos aforros. A nai de Abalo, pola súa banda, non quixo declarar.

    Tamén declarou no xuízo o técnico de facenda, Ángel María Gallástegui que explicou os motivos polos que se levara a cabo a investigación. Trátase dun plan de control sobre as vivendas de aparentemente certo valor. Ó non atopar a fonte de ingresos dos propietarios iníciase a investigación.

    E nesa investigación foi onde se viron as propiedades e beneficios dos catro imputados. Unha construción en Caldihuela, outra no lugar de Lera en Vilanova, unha vivenda en Cabeza de Manzaneda. Ademais doutras edificacións e varios solares e fincas. Sen esquecer varios barcos e amarres e mesmo un vehículo BMW. En canto os ingresos, segundo eles sociedades como Guimer Arousa, adicada á acuicultura ou Euro Promociones Caldas sociedades segundo á investigación insuficientes para xustificar todo o patrimonio.

    Ademais, todos aludiron tamén ós anos de traballo. Guillermo Abalo como comercial en Rey Herbés, dedicándose á compra – venta e aluguer de inmobles. Traballos que facía tamén a maiores pola súa conta.

    A súa muller pola súa banda, aludiu ó seu traballo nunha conserveira e á batea que ten en propiedade. Facendo referencia sobre todo ás ventas que facía sen declarar e tamén as indemnizacións recibidas por causa do desastre do Prestige. A maiores, un premio de lotería.

    O fiscal solicita condenas de cinco anos de prisión para cada un deles, unha multa de tres millóns de euros e o embargo dos bens. O xuízo quedou visto para sentencia.

    Redacción Salnés