Ánxela Franco insta a Portos á que amañe a zona portuaria

fochancaportodoson.jpgPORTO DO SON> As beirrúas presentan fochancas máis grandes e numerosas que supoñen un perigo para os peóns.

Os viandantes que camiñan pola zona do paseo marítimo de Porto do Son xa se acostumaron a sortear as numerosas fochas que existen nas beirarrúas, algunhas de tamaño considerable. Tanto é así, que unha delas tivo que ser sinalizada para evitar tropezos e caídas. O malestar entre os sonenses é evidente. Están fartos de ter que aturar infraestruturas en pésimo estado sen que a administración correspondente faga nada o respecto.

{flowplayer}barbanza/fochancaportodoson.flv{/flowplayer}

Responsabilidade de Portos

Por ser zona portuaria tería que ser Portos de Galicia o encargado de amañar a situación. A titular da concellería de Obras e Servizos do goberno sonense, Ánxela Franco, que inspeccionou a zona danada, reclamou, de novo, ó ente portuario unha intervención urxente xa que se está poñendo en serio perigo a integridade física dos peóns e teme que un día haxa unha desgraza que ninguén poida xa reparar. 

 Franco instou o presidente de Portos de Galicia a que se tomase a molestia de achegarse ata Porto do Son e comprobar in situ esta realidade. A edil nacionalista está decidida a emprender novas medidas se a Xunta de Galicia segue sen dar resposta a esta problemática. A edil de obras sonense cree que a cuestión política non debería interferir cando esta por medio a seguridade dos veciños.

Redacción Barbanza