Comisións critica duramente os orzamentos da Deputación e di que estamos volvendo ao franquismo

Pontevedra> Dende Comisións Obreiras criticaron esta mañá os orzamentos que este venres aprobarán na Deputación de Pontevedra. Este sindicato dixo que abandonaron a mesa de negociación despois de coñecer as partidas de persoal. Comisións denuncia que o notable aumento do salario no persoal de confianza. 

 

Moi críticos, así se amosaron esta mañá dende Comisións Obreiras co orzamento que este venres aprobarán na Deputación de Pontevedra de cara ao vindeiro ano. Dende este sindicato criticaron a partida no gasto de persoal e afirman que algúns postos de confianza no Pazo Provincial aumentáronlle a categoría e consecuentemente o salario dun ano para o outro en máis de 27 mil euros. 

Dende este sindicato e debido a este feito entre outros, decidiron levantarse da mesa de negociación, e xunto con eles fixérono o resto de delegados sindicais que alí estaban. Critican a falta de tempo coa que se presentan estas contas e tamén que non se teña en conta ningunha das 50 iniciativas que eles presentan para estes orzamentos. Dende Comisións cren que con estas actitudes están volvendo a época do franquismo. 

Con estas medidas dende Comisión remitiran aos seus servizos xurídicos a documentación aportada e estudarán a posibilidade de impugnar estes orzamentos da Deputación de Pontevedra do 2017. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/comisions_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/comisions.mp4{/flowplayer}