Derrota do Agnusdei que lle pon costa arriba a salvación

balonman250_030309.jpgMEAÑO> Na fase pola permanencia en Primeira Autonómica, o Rasoeiro acadou unha importantísima victoria en Ferrol ante o Tirso Molina, que o coloca nunha posición cómoda para acadar a súa salvación. Todo o contrario que o Agnusdei, que perdeu en Coirón, é penúltimo e xa ten a salvación a tres triunfos.

O Rasoeiro deu un paso de xigante de cara á súa salvación despois de gañar nun partido moi reñido ó Tirso Molina (33-35). Os de Jaime García comezaron moi ben e distanciáronse rápidamente no marcador, cun 5-10 no minuto 13, grazas a unha intensa defensa e ás súas saídas rápidas en contragolpe.

Pero o Tirso,  subíu a súa intensidade defensiva, trocou a  5:1 por unha 6:0 e con moita máis decisión en ataque puxo igulaou o partido ó descanso, ó que se chegou con 17-18.

A intensidade, rapidez e igualdade continuou nos primeiros compases do segundo tempo ata que, a falta de dez minutos, os grovenses, pegaron un arreón baseado nunha defensa ó límite, con moitos contactos, que lles outorgou unha vantaxe de seis goles que administraron ata o final.

Todo o equipo raiou a unha gran altura, aínda que Bruno con 10 tantos e Juanjo con 9, volveron a ser os máis destacados. Os de Jaime García continúan sextos, pero igualados a victoria cun nutrido grupo de equipos que suman catro triunfos en sete xornadas. Ademais, a semana que ven reciben na casa ó pechacancelas Poio Artai, que perdeu tódolos seus partidos.

O Agnusdei pola súa parte volveu a perder diante do líder desta fase pola permanencia, o Guardés (19-22). Os meañeses realizaron un bo encontro, sobre todo en defensa, pero pagaron o seu esforzo nos minutos finais, ós que chegaron cansados e sen Touza, que caeu lesionado.

O Agnusdei foi quen de poñerse tres arriba (16-13), a falta de quince para o remate, pero a partir de ahí atascáronse en ataque e non puideron reter o triunfo. Esta derrota deixalles nunha situación moi delicada, a tres triunfos da salvación que agora marca o Rasoeiro.

A semana que ven visitarán ó Camariñas, único equipo ó que gañaron ata o de agora.

Redacción Salnés