Doces e lambetadas para recadar fondos para El Salvador

    fotoescardiacopia.jpg VILAGARCÍA> Os rapaces do colexio A Escardia venderon doces de todo tipo cun fin benéfico; recadar fondos para axudar ós rapaces coa doenza do pé equinovaro.

    {flowplayer}images/salnes/VendaBeneficaPasteisEscardia.flv{/flowplayer}

    A venda de pasteis comezou a primeira hora da mañá e mantívose ata o final da tarde. O obxectivo deste colexio era conseguir a maior cantidade de cartos posible para axudar a estes médicos que traballan no seo da ONG Healing the Children.

    Este grupo de médicos procede de distintos países do mundo, en setembro viaxarán ata O Salvador para operar ó maior número posible de rapaces afectados polo pé equinovaro, unha doenza que fai que os pés dos rapaces acaben deformándose por completo.Entre estes profesionais, atópase Patricio, un veciño de Vilagarcía que participará nesta misión por segundo ano.

    Esta enfermidade afecta a un de cada 1000 rapaces, pero cando se diagnostica nun país desenvolvido case nunca chega a ser operada.

    De aí que o obxectivo da ANPA deste colexio sexa transmitille ós rapaces a importancia de colaborar cos países máis desfavorecidos.

    Entre os próximos proxectos desta ANPA está tamén o de poñerse en contacto cos colexios que foron vítimas do terremoto de Lorca para enviarlles material escolar.

    Redacción Salnés