Fredi Álvarez destituído coma adestrador do CD Boiro

    BOIRO> A directiva boirense tomou esta decisión despois da derrota de onte domingo co Guijuelo, un rival directo por eludir o descenso, por un contundente catro a cero. Partido para esquecer o realizado onte polo Boiro ante o Guijuelo, caendo amplamente derrotado por catro goles a cero. A primeira parte foi de claro dominio local, aínda que as ocasións non chegaban. O Boiro ben armado diante da portería defendida por Pato, impedía as embestidas locais. Co resultado de empate a cero chegaríase ó descanso. Xa na segunda metade as cousas cambiaron. Fredi introducía no campo a Rubén Rivera, coa finalidade de darlle maior presenza en ataque. E del foi unha das primeiras ocasións de perigo do Boiro. Aínda así, o gol chegaría para o conxunto local que se mostrou más efectivo cara a portería. Foi obra de Pino. O tanto doulle folgos a un Guijuelo que tres minutos máis tarde ampliaría a vantaxe, grazas a un tanto de bela factura, de chilena dentro da área, do seu capitán Jonathan. Era o dous a cero. O Boiro tivo ocasión para recurtar distancias pero o testarazo de Rubén Rivera que acabou dentro das mallas foi anulado por posición antiregulamentaria. Ó pouco nunha xogada aillada, despois dun disparo de Gordillo dende a frontal que rexeitou Pato, foi remachado por Pino establecendo o tres a cero. Co partido xa roto a favor dos locais Granell establecía o catro a cero definitivo. A ampla derrota facía mella nos boirenses, que perdían cun rival directo, e volven a posicións de perigo, situándose agora na décimo sétima posición con 33 puntos, en postos de descenso directo. A dura derrota, sumada á xeira de catro partidos sen coñecer a vitoria levou á directiva a tomar esta mañá a drástica medida de cesar ó adestrador Fredi Álvarez. En canto ó resto de resultado nesta categoría destacar tamén a agónica vitoria do Pontevedra en pasarón, con remontada incluída, 2-1, ante o Tudelano. O trunfo do Celta B que o sitúa segunda na clasificación, asegurando xogar o playoff de ascenso. Vitoria do Racing de Ferrol, 1 a 0, ante o Osasuna B. Empate do Coruxo co Mutilvera, 0-0 e unha nova derrota do Somozas, pechacancelas da clasificación, que caía por tres goles a cero ante o Racing de Santander.