Funcionarios de Ravella, molestos coa reducción dos pluses

    concello_copia100.jpgVILAGARCÍA>  Ós atrasos de 10 meses no cobro dos servizos extraordinarios, súmase reducción dun 7,5%. A Xunta de Persoal xa anunciou que tomará as medidas legais oportunas.

    {flowplayer}images/salnes/PERSOAL_CONCELLO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    As limitacións no uso de internet por parte dos funcionarios decretado pola alcaldía é só a punta do iceberg. Os atrasos no pago de servizos extraordinarios concentran o malestar dos traballadores. Unha resolución da alcaldía do mes pasado estableceu unha redución do 7,5% no pago de nocturnidades, domingos e plus de locomoción, que xa suman 10 meses de retraso.

    Segundo os representantes sindicais de Comisións Obreiras e CSIF, esta porcentaxe é moito maior que a do 5% establecida polo decretazo do Goberno e a que se cobra na maioría dos concellos. Algo que non están dispostos a admitir.

    A Xunta de Persoal insistiu en que estas irregularidades débense á pésima xestión do goberno local. Só o ano pasado, o concello destinou 376.000 euros no pago de horas extra.

    Durante unha reunión celebrada onte, os representantes sindicais de CSIF e Comisións Obreiras decidiron tomar medidas legais contra estas irregularidades.

    Na xestión os traballadores tamén denunciaron amiguismos no pago de facturas por parte do Concello, algo que se suma ós recortes no subministro de material de traballo.

    Redacción Salnés