O goberno da Pobra nega irregularidades na contratación de persoal

    POBRA> O executivo pobrense desminte rotundamente as acusacións formuladas polo BNG ó respecto dos reparos en diversos procedementos de contratación. Esta mañá, o alcalde e dous concelleiros comparecen publicamente para explicar pormenorizadamente cada un dos reparos presentados por intervención. Acusacións falsas e sen fundamento. Así resposta ó executivo da Pobra á denuncia formulada polo BNG ó respecto de presuntas irregularidades no proceso de contratación. Os representantes do goberno explicaron un a un os reparos formulados polo interventor, varios deles referidos a erros na tramitación de subvencións ou contratos con empresas que prestan servizos ó concello. O edil delegado de persoal centrouse especialmente nos reparos referidos a catro concursos para a contratación de persoal, sobre os que o BNG plantexaba as dúbidas.Se ben recoñeceu a existencia de defectos no procedemento, explicou que se trata na súa maior parte de erros subsanables que non afectan ó resultado do concurso. Máis complexidade presenta o concurso para a contratación dun técnico para o museo Valle-Inclán que non se chegou a finalizar. O principal problema que motivou a paralización do proceso foi a falla de documentación relativa ós méritos do aspirante que acadou a maior puntuación. Se ben a documentación foi presentada en papel e valorada polo tribunal  non se trasaldou á base de datos informática por estar fóra de prazo.