Goretti Sanmartín presenta en Noia as novas liñas de traballo da Deputación

    NOIA> A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e a deputada responsable da área de Benestar Social, Educación e Politicas de Igualdade de Xénero, Ánxela Franco, participaron nunha xuntanza con representantes do goberno e dos grupos da oposición de Noia na que se avaliaron distintos proxectos que se queren desenvolver no concello e a comarca, ademais de presentar as liñas de actuación do novo goberno provincial. Goretti Sanmartín tivo tempo tamén de realizar unha visita á sede do Museo do Mar que xestiona a Asociación Mar de Noia, interesándose ademais polo proxecto para a construción dun novo edificio que poida albergar o importante fondo museítico desta entidade.