Izado da bandeira azul na praia Areas da Cruz

    izadobandeiraogrove100_060707__still_002.jpgO GROVE > As praias de O Grove que obtiveron o distintivo de bandeira azul lúceno dende esta mañá …

    … tras o izado oficial a mans do alcalde, Jose Antonio Cacabelos, na praia Areas da Cruz. Con este acto márcase o inicio dunha nova etapa para os areais de O Grove que contarán este ano con cinco praias con este distintivo. Nelas traballarán un total de trinta persoas entre socorristas, sanitarios e voluntarios.

    Cada unha destas praias contará cun posto de vixilancia, exceptuando a Lanzada que terá tres pola súa gran extensión. Como novidade contan tamén cun completo servicio para minusválidos como unha cadeira de rodas anfibia que permite o baño para tódalas persoas de mobilidade reducida.

    Segundo o alcalde esta mellora dos areais do Grove daralle unha maior confianza ó consumidor o que favorecerá ó turismo da zona. Cacabelos tamén se comprometeu esta mañá a mellorar durante o seu mandato as praias do casco urbano e a aumentar o número de areais con distintivo de bandeira azul.

    Polo de agora serán 12 os socorristas que se repartirán entre as cinco praias de bandeira azul. Este persoal vixiará ós miles de bañistas que se achegarán este verán O Grove.

    Redacción Salnés