José Pérez, reelixido presidente da patronal noiesa

pepeperez_100_300609.jpgNOIA> José Pérez volverá a asumir a presidencia da Asociación de Actividades Empresariais de Noia durante os próximos dous anos.

{flowplayer}barbanza/pepeperez.flv{/flowplayer}

A encabezada por José Pérez foi a única candidatura que se presentou ata o venres á unha e media da tarde, cando remataba o prazo para a formalización das listas. Este luns tivo lugar a elección oficial do presidente, no transcurso dunha xunta extraordinaria.

José Pérez anunciou a súa intención de ampliar a anterior xunta directiva reforzando algúns sectores e dando continuidade a proxectos que xa están en marcha.

Ademais, a asociación de empresarios tentará seguir sendo o vínculo de comunicación co concello en temas tan importantes como o seguemento do PXOM.

Durante a xuntanza tamén se abordaron outros asuntos como a aprobación das contas correspondentes ó primeiro semestre do ano.

Redacción Barbanza