Material reciclable e cargadores eléctricos cara un comercio máis ecolóxico

BOIRO> O concello de Boiro entregará material reciclable ó comercio local, adquirido mediante unha liña de subvencións para a modernización do centro comercial aberto. Nesta axuda, de preto de 300 mil euros, enmárcase tamén os programas de posicionamento SEO e marketing dixital.

Os comercios e establecementos hostaleiros de Boiro disporán de bolsas reciclables e envases compostables, adquiridos ó abeiro dunha subvencións para a mellora dos centros comercias abertos dos fondos Next Generation.

No marco desta subvención inclúense outras moitas iniciativas como os bonos transporte, un programa de posicionamento SEO para as empresas así como formación en márkéting dixital.

Tamén se procedeu á instalación de cargadores eléctricos para vehículos no aparcadoiro municipal e instalarase unha taquilla automatizada para que os establecementos comerciais poidan depositar os seus produtos para a posterior recollida por parte dos clientes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí