Mellora a situación pero non as expectativas para o empresariado

    indicadorconfianzaempresarialoutubro100.jpgBARBANZA> Malas perspectivas para o empresariado que, segundo revela o indicador de confianza, auguran un último trimestre do ano moi complicado.

    {flowplayer}barbanza/indicadorconfianzaempresarialoutubro.flv{/flowplayer}

    O indicador da situación empresarial no Barbanza, presentado no concello de Boiro, presenta valores positivos, baseados fundamentalmente na creación de emprego estacional na hostalería e turismo durante o verán.

    Sen embargo, o indicador da confianza para o vindeiro trimestre rexistra o peor dato acadado ata o momento. A debilidade da demanda segue a ser o principal factor limitador da confianza, seguido das dificultades administrativas e o aumento da competencia.

    Xerar confianza

    O presidente da cámara de comercio considera que é preciso da-la volta a esta situación posto que a xeración de confianza é o único camiño para saír da crise. Aínda que se presenta un ano difícil, agardan que sexa o principio da recuperación económica.

    A aposta pola formación e o apoio das administracións son dous das claves para mellorar o rendemento económico. Precisamente, o concello de Boiro está a colaborar activamente na promoción da economía local.

    A pesar dos malos resultados, o índice de confianza no Barbanza é lixeiramente superior á media nacional.

    Redacción Barbanza