Merche, Mago de Oz e Treixadura actuarán nas festas de agosto de Ribeira

    RIBEIRA> Mago de Oz, Merche e Treixadura serán os pratos fortes das festas do verán de Ribeira. Estas actuacións súmanse á numerosa oferta de lecer programada polo concello para os meses de xullo e agosto no marco do programa ‘A Fiestra da Cultura’. Concertos, exposicións, contacontos, cine Non falta de nada na programación da Fiestra da Cultura que encherá Ribeira de actividade durante os meses de xullo, agosto e parte de setembro. Este amplo programa é posible grazas ó esforzo da concellería de cultura en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Tamén participa activamente o tecido asociativo da vila coa organización directa de varios dos espectáculos. A música terá especial presenza nesta programación con concertos de grupos do nivel de Herdeiros da Crus que tocarán en Ribeira o 24 de xullo, día da Dorna, no marco da Rede Cultural da Deputación. Tamén as festas de agosto reservan un amplo cartel de artistascomo Merche, Mago de Oz ou Treixadura. Outras citas destacadas en agosto serán a Feira do comercio entre o doce e o catorce ou unha nova edición de Artemar. Xa en setembro, Guadi Galego actuará na vila o día nove no programa das festas patronais de Santa Uxía que pecharán a programación estival.