Mocidade e experiencia conforman a lista do PP de Sanxenxo

    ppsanxenxo_100407__100.jpgSANXENXO > A actual alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González Bea, presentou  ós medios de comunicación…

    …a lista que aspira a renovalo mandato na vila. 17 persoas conforman esta lista con moitas caras novas e unha media de idade de 36 anos.

    Os populares enfrontáronse xuntos ó seu primeiro reto: os medios de comunicación. A principal novidade desta lista son as caras novas e a xuventude. Nos dez primeiros postos da lista só se repiten catro nomes. Trátase de María Paz Lago, actual concelleira de cultura e educación, Ángel Casal, actual concelleiro de deportes e xuventude e Manuel López Méndez, actual concelleiro de economía, emprego e mercados. Hoxe, os 17 membros da candidatura e os sete suplentes tiveron a súa primeira proba de fogo cos medios de comunicación.

    Unha lista que se presentará oficialmente o vindeiro día 27 no Hotel Galatea de Sanxenxo.Estas caras faranse a partir de agora moi familiares para os veciños de Sanxenxo. Entre as novidades, e no posto número dous da lista está Salvador Durán, un empresario de Sanxenxo de 41 anos, no posto número cinco atopamos a Constantino Sanmartín Quiñones tamén empresario. Almudena Aguín é Susana Fernández Trelles aparecen nos postos seis e oito desta candidatura. En definitiva, savia nova para o Partido Popular de Sanxenxo que espera ter neste equipo a súa aposta vencedora.

    Redacción Salnés