Multas ‘on line’ en Noia

pdapolicianoia.jpgNOIA> A policía local de Noia xa traballa con axendas electrónicas que permiten tramitar as denuncias de tráfico e incidencias na vía pública en tempo real.

A policia local de Noia deixou atrás o bolígrafo e o clásico boletín de denuncias e xa está mergullada de cheo no eido das novas tecnoloxias. Dende hai tres semanas os axentes noieses traballan con cinco axendas electrónicas. Cada unha delas é un pequeño terminal informático portátil dende o que poden acceder en tempo real a bases de datos e a toda a información que precisan para realizar o seu traballo.

{flowplayer}barbanza/pdapolicianoia.flv{/flowplayer}

Sinfín de aplicacións

Ca chegada destes aparatos, os axentes incorporan un sinfín de aplicacións que van máis alá da simple denuncia de tráfico. As PDAs rexistran fotografias de infraccións e incidencias na vía pública. Ademáis almacenan todos os datos referidos a sancións anteriores e imprimen no momento un resgardo de multa, rexistran actualizacións de estatísticas e facilitan información sobre ordenanzas municipais ou rueiros do municipio.

Grazas a implantación do novo sistema reduciranse o número de erros na tramitación das multas e axilízase ‘o papeleo’ do proceso sancionador.

Redacción Barbanza