09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PORTO DO SON> Todo listo en Porto do Son para acoller a sexta edición edición da Carreira Sin Son. Esta cita deportiva, que xa se converteu nun referente do atletismo galego, terá lugar o 17 de decembro con importantes novidades.
PORTO DO SON> Satisfacción entre a flota galega do cerco que vén de recibir un millón duascentas mil toneladas de cota adicional de xurelo. Estas novas posibilidades de pesca supoñen un respiro para o sector que leva semanas coa pesqueiría da sardiña pechada.
O pasado celta de Porto do Son volverá a apoderarse da vila durante a última fin de semana deste mes. Máis de cento vinte postos de artesanía integrarán o mercado celta que estará amenizado por diversos grupos musicais e de animación. O programa complétase cos espectáculos de gran formato que terán lugar na praza Nova. Off Todo a punto en Porto do Son para a Feira Celta que entre o vinte e oito e o trinta de xullo devolvera a vila ás súas orixes. A inauguración oficial terá lugar o venres ás cinco da tarde cando abrirá as súas portas o mercado celta que este ano conta con máis postos e estenderase ó longo de máis rúas. Durante toda a fin de semana duendes, bufóns, elfos ou ananos percorrerán este mercado nos numerosos pasarrúas previstos. Ademais da animación haberá espectáculos de gran formato como Lenda ou Errantes que se desenvolverán principalmente pola noite. Desenvolverase ademais un campamento celta, a cargo de do grupo de recreación Hípica celta, onde recrearán a vida da sociedade castrexa coa organización de torneos de tiro con arco ou actividades de culto ós deuses. Inserto O concello decidiu este ano cambiar de empresa e apostar por Rivendel Mercados que a partir de agora asumirá a organización. A súa proposta está máis preto da temática celta polo que agardan manter a esencia coa que naceu a feira.
PORTO DO SON> Unha veciña de Porto do Son denuncia que leva dous anos sen poder acceder co seu coche ó interior do garaxe por mor das obras realizadas na contorna da casa consistorial. A instalación dunha xardineira, un metro máis longa que a anterior, impídelle realizar a manobra de acceso.
PORTO DO SON> Os tres grupos da oposición en Porto do Son solicitan a convocatoria dun pleno extraordinario para dar conta das reunións de concelleiros delegados. A pesar das reiteradas peticións de información, denuncian que non contan coas actas destas xuntanzas nas que os edís están a ser remunerados, supoñendo un custo de dez mil euros no que vai de lexislatura.
NOIA> O concello de Noia colaborará coa Xefatura Provincial de Tráfico para mellorar a xestión das multas e regular o aparcamento no casco histórico. Froito deste convenio, desenvolveranse tamén campañas de concienciación sobre seguridade viaria entre os colectivos da terceira idade e os nenos.
NOIA> A corporación noiesa celebrou o pleno de organización para proceder á composición do goberno e das comisións. O alcalde Miguel Paz decidiu renunciar á dedicación exclusiva co que só se estableceron dúas: unha para a socialista Sandra González e outra para a independente Marisol Villar.
LOUSAME> Os problemas coa recollida de lixo están a ocasionar molestias en tódolos concellos que pertencen a Serra do Barbanza. Dende a Mancomunidade estanse a realizar os trámites necesarios para a reposición de colectores e a reparación dos camións, de xeito que se poida prestar o servizo con normalidade.
MUROS> O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR e os seus socios no proxecto RAIA.co teñen previsto ampliar a súa rede de observación oceánica transfronteiriza coa instalación dunha nova boia na ría de Muros. Únese así ás estacións xa existentes en Cortegada, na Illa de Rúa, en Rande, na Borneira, nas Illas Cíes e na Guarda. A posta en marcha deste novo aparello permitirá coñecer o estado do mar na ría de Muros-Noia, servindo de apoio ós labores de pesca e marisqueo que se veñen realizando habitualmente na zona. A nova boia, de máis de dous metros de diámetro e de tres metros e medio de alto, foi fondeada hoxe ó sureste de Muros. Disporá de sensores que recollerán datos tanto meteorolóxicos coma oceanográficos. A información recompilada por esta boia estará dispoñible en tempo real a través das páxinas web de INTECMAR e MeteoGalicia.
NOIA> O candidato do PP á alcaldía noiesa anunciaba esta proposta durante a presentación da súa candidatura, nun acto no que estivo arroupado polo presidente do partido en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e polo secretario provincial, Diego Calvo.
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: muros noia Top of Page

Síguenos en facebook