Navallazo en Sanxenxo

    SANXENXO > Un home está ferido por arma branca tras unha discusión de tráfico. O suceso tivo lugar este mediodía na rúa progreso de Sanxenxo.

    O incidente ocorreu á altura da cafetería Look, na rúa Progreso, e saldouse cun navallazosanxenxo_300_200807__still_002.jpgferido por arma branca. Os feitos producíronse cando I. P. T., de 26 anos e veciño do municipio, estacionou o seu vehículo de forma indebida diante dun vado permanente. Foi entón cando un peón que transitaba pola zona, ó parecer borracho, increpou ao condutor polo seu comportamento derivando nunha discusión entre ambos.

    P. L. G. de 52 anos e residente habitual en Madrid, sacou entón unha navalla e intentou cravarlla ó mozo, resultando ferido el mesmo durante o forcexeo, polo que foi trasladado ó centro de saúde de Baltar con algúns cortes.

    Redacción Salnés