Nenos de Poio e Pontevedra gozan dunha xornada de marisqueo

    pescanatur_nenos100.jpgPOIO> Un grupo de 59 nenos de Pontevedra e Poio erguéronse cedo esta mañá para coñecer máis de preto o mundo do marisqueo.

    {flowplayer}images/salnes/pescanatur_nenos.flv{/flowplayer}

    POIO> Hoxe tocou erguerse cedo, polo menos iso foi o que fixeron 59 nenos de Pontevedra e Poio. A razón, coñecer máis de cerca o mundo do marisqueo.

    Grazas á actividade Mar de Coñecemento, incluído dentro do proxecto Pescanatur que están a desenvolver as confrarías de Pontevedra, O Grove e Cangas, estes rapaces acercáronse hoxe ata a praia da Cabeceira, en Lourido, Poio. Alí os guías ensináronlles todo o proceso dende que o marisco está no mar ata que se sirve no prato.

    Os cativos, de entre 3 e 10 anos, mostraron a súa curiosidade por este mundo, as dúbidas que atoparon eran ven distintas, dende como se clasificaba o marisco, ata se podían camiñar ou ver. Logo da praia, onde se fixeron cos aparellos necesarios para mariscar, desprazáronse ata a lonxa e a depuradora, alí puideron apreciar o longo camiño que realiza o marisco ata a súa posta en venta.

    Esta iniciativa seguirase a desenvolver durante o curso escolar nos colexios que se enmarcan dentro do territorio das confrarías organizadoras. Ó remate desta xornada, os nenos foron obsequiados cun diploma que os acredita como ‘activos mariscadores’.

    Redacción Salnés