O Deán aposta pola formación a través da súa tenda-escola

    tendaescoladean100.jpgPOBRA> O Centro Comercial Aberto O Deán vén de facer realidade o proxecto no que traballa dende hai anos: unha tenda escola.

    {flowplayer}barbanza/tendaescoladean.flv{/flowplayer}

    Numeroso público acudiu á inauguración oficial da nova tenda escola do Deán, emprazada nun amplo local da rúa Rafael Calleja. Coa apertura deste punto de encontro que ademais de sede social servirá como centro de formación e punto de venda, a Asociación do Pequeno Comercio da Pobra dá por cumprida unha das súas principais teimas, presente dende a súa fundación.

    Formación práctica

    Os alumnos encargados de atender a tenda traballarán con produtos e ferramentas reais. Trátase de formación eminentemente práctica posto que darán servizo a clientes de verdade.

    Ademais do aspecto formativo, o obxectivo do Deán é ofrecer un espazo de exposición e venda que sirva ademais como trampolín para a apertura de futuros negocios dinamizando así o tecido comercial da vila.

    Redacción Barbanza