O ourizo de Aguiño supera os nove euros

    RIBEIRA> Bo arranque da campaña do ourizo en Aguiño. Tras unha semana de actividade mantense a alta cotización con prezos máximos que superan os nove euros. Xa hai anos que o ourizo se converteu nun recurso moi importante para a confraría de Aguiño. Se ben segue a estar por baixo das especies principais como o percebe e a ameixa, o certo é que a crecente demanda deste recurso influíu nunha importante suba da cotización que está a deparar moi bos resultados económicos á confraría. Nesta primeira semana, os presos mantivéronse por riba dos sete euros. Haberá que agardar o que acontece nos próximos días marcados polo forte temporal no mar. Aínda que o mal tempo limita a capacidade dos marsicadores para coller o ourizo de amior calidade, o certo é que eleva os prezos debido á alta demanda dun produto que escasea. A confraría de Aguiño dispón de corenta días para a extracción deste recurso, cun tope diario de trinta quilos.