Peixes e mariscos protagonistas dun showcooking

    POBRA> Esta actividade está promovida polo Grupo de Acción Costeira e ten o obxectivo de incrementar o valor dos produtos locais ademais de funcionar como importante reclamo turístico.

    Ás 11 da mañá, Miguel Mosteiro prendeu os fogóns e dispúxose a elaborar exquisitos pratos que facían a boca auga daqueles que por alí pasaban. Moitos foron os que ata alí se achegaron para aprender a sacarlle partido ós produtos das nosas rías. Entre as receitas atopamos elaboracións tradicionais pero outras moi innovadoras. Os visitantes, veciños ou turistas, tiveron a oportunidade de interactuar co cociñeiro para pedir consellos ou trucos. Ademais levaron como agasallo un receitario cos pratos elaborados. Na demostración culinaria estiveron presentes os alcaldes da Pobra, Boiro e Rianxo, así como a xerente do Grupo de Acción Costeira da ría de Arousa. Rosa Carballo falounos do principal obxectivo destas iniciativas. O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, destacou o que supón para o turismo unha actividade coma esta. O próximo sábado repetirase o showcooking na praza de Abastos da Pobra. Será as 11 da mañá.