Política Social amplía a trinta o número de prazas no centro de día da Pobra

POBRA> A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá as instalacións do centro de día da Pobra do Caramiñal para anunciar o aumento do número de prazas de atención dispoñibles neste centro, que pasarán de 20 a 30.

O investimento por parte da Xunta ascenderá ara os 272 mil euros.

Dende Cogami, empresa que xestiona actualmente o centro, agradeceron a visita, e a ampliación do servizo, co que se poderá dar resposta a actual demanda.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, aproveitou a visita para trasladarlle tamén da necesidade de acometer algunha que outra obra de mantemento no edificio, principalmente no seu exterior, que entrou en funcionamento no 2017.

Durante a visita Fabiola García destacou tamén o aumento do financiamento do Servizo de Axuda no Fogar, así como tamén outros programas de proximidade que leva a cabo a Xunta en todo o ámbito autonómico como é o caso do Xantar na casa ou o de Coidados porta a porta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí