Recollida de firmas para conectar Labarta co casco vello

recollidasinaturasnoia.jpgNOIA> Trala súa constitución oficial, o partido Noieses Independentes Agrupados vén de poñer en marcha varias accións.

{flowplayer}barbanza/recollidasinaturasnoia.flv{/flowplayer}

Facéndose eco das peticións de veciños e comerciantes, a nova formación política iniciou a campaña de recollida de firmas para a apertura das rúas Pedra Sartana e Avilés de Taramancos, facilitando a conexión do barrio de Labarta co casco histórico.

Candidaturas

Nunha recente reunión, os membros do novo partido acordaron celebrar un congreso o próximo 18 de xaneiro para a elección da nova xunta directiva.

Mentres tanto, a xestora seguirá a promover diversas accións en defensa dos intereses dos cidadáns.

Redacción Barbanza