09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
NOIA> Todo listo en Noia para o inicio das obras de rexeneración da zona portuaria. O presidente de Portos de Galicia visitará o peirao onde xa está instalada a maquinaria para executar a primeira fase do dragado.
Publicado en portada
NOIA> As primeiras actuacións para a rexeneración da ría de Noia poderían dar comezo este verán. O alcalde mantivo unha xuntanza con responsables do Ministerio de Medio Ambiente na que se acordou colaborar con Portos de Galicia para iniciar as actuacións de dragado da ría.
NOIA> O alcalde, Santiago Freire, e a tenente de alcalde, Marisol Villar, mantiveron unha reunión en Santiago co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para abordar este asunto.
NOIA> A Marea Cidadá de Noia levará ó pleno deste próximo xoves unha moción a través da cal lle solicitará ó equipo de goberno a convocatoria dunha xuntanza informativa con Portos de Galicia e coa Demarcación de Costas, para analizar os proxectos que barallan estes dous organismos de cara á recuperación do estuario da Ría. A Marea propón que nestas xuntanzas informativas participen tanto o Concello, como o resto das forzas políticas con representación municipal, así como tamén asociacións e veciños en xeral interesados por este proxecto. Para o voceiro desta formación política, Manolo Seijas, a recuperación do porto de Noia é un dos principais obxectivos fixados pola Marea, polo que van a traballar para que sexa unha realidade canto antes.
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: rexeneracion ria Top of Page

Síguenos en facebook