09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIANXO> Rianxo acollerá a estrea de ‘Shrek, o Musical’, a primeira adaptación en galego do filme de Dreamworks. Este espectáculo de gran formato, producido pola Asociación Musical Coda, porá sobre a escena a medio cento de intérprete.
CAMBADOS> O mes de outubro encherá Cambados de teatro. Esta mesma fin de semana o concello inicia o seu ciclo teatral, co Auditorio da Xuventude acollendo unha representación cada sábado. Dende a concellería de cultura agardan que esta edición repita o éxito das anteriores. O teatro volve copar as fins de semana do Auditorio da Xuventude. Co mes de outubro, volve a Cambados o seu ciclo de teatro, que este ano muda as representacións ao sábado. O ciclo arrinca xa este sábado, coa obra Raclette, de Ibuprofeno Teatro. Nacidas libres, de Contra Producións, As fillas bravas do Grupo Chévere, e Tropical, de Elefante Elegante, completan a programación coa que a concellería de cultura agarda repetir o éxito de anos anteriores. De feito, o ano pasado a media estivo en 120 espectadores. A entrada para poder acceder ás representacións terá un custo de 3,50 euros.
Publicado en CULTURA
RIBEIRA> Oito agrupacións escolares participarán na vixésima Mostra de Teatro Infantil de Ribeira que se celebrará a próxima semana nomunicipio. Serán cinco centros educativos do municipio e outros tres convidades doutros concellos da comarca.
Pontevedra> Moito humor é o que poderemos atopar en The Hole, un espectáculo que estará no Auditorio da Sede de Afundación en Pontevedra do 9 ao 12 de febreiro. Esta mañá o promotor deste evento e a mestra de cerimonias presentaron esta obra, un cabaré do que xa desfrutaron máis de un millón de persoas no país e que chega por primeira vez a cidade do Lérez. 
Publicado en PONTEVEDRA
Mércores, 02 Novembro 2016 19:25

Novembro será o mes do teatro na Pobra

POBRA> “Porca Miseria”, os monólogos musicais do humorista Boquete, abrirán a terceira edición de Festear, a Mostra de Teatro e Artes Escénicas da Pobra. Ó longo do mes de novembro, durante as fins de semana, o Teatro Cine Elma acollerá agrupacións teatrais de tódalas provincias galegas.
POBRA> Monólogos, teatro, poesía ou conferencias arredor da figura de Ramón María del Valle- Inclán completan o programa das Xornadas de Homenaxe que A Pobra lle dedica ao ilustre dramaturgo, e que este ano celebran a súa edición número dezaoito.
CAMBADOS> "Os vellos non deben de namorarse" chega esta fin de semana a Cambados. A obra teatral de Castelao abrirá o domingo o mes do teatro da vila, no marco da xira iniciada pola Deputación de Pontevedra para conmemorar o Ano Castelao.
Publicado en CULTURA
RIANXO> Todos as coñecemos. Quenes non deron con elas en vida polas rúas compostelás, puideron fotografarse coa súa estatua na alameda da capital galega. Pero poucos coñecen a verdadeira e crúa historia das “Marías”. Agora, unha obra de teatro nace para dárlles voz.
RIANXO> Rianxo acollerá este venres a estrea de ‘Escenas de Familia’, unha obra que constitúe o resultado final do obradoiro de expresión teatral desenvolvido no municipio durante os últimos meses. Usuarios da aula ocupacional municipal e persoas sen discapacidade comparten espazo neste proxecto inclusivo que ten a arte como motor principal.
POBRA> As representacións dentro deste ciclo teatral comezarán mañá venres coas actuacións do grupo junior da escola municipal de teatro e da rianxeira Esther Carrodeguas.
BOIRO> A compañía teatral Matrioska organiza unha campaña de crowfunding para realizar unha minixira coa súa obra Ces´t la vie. Pretenden implicar ó público na compra de entradas, a distintos prezos segundo as recompensas adquiridas. De obter os fondos necesarios, a obra recalará en Santiago, Vigo e Boiro.
VILANOVA> A Fundación Valle-Inclán xa forma parte da xunta directiva de Acamfe, a asociación que engloba as Casas-Museo e Fundacións de escritores de toda España e Portugal. Unha responsabilidade que, para a fundación do escritor vilanovés, significa seguir proxectando a entidade e o seu patrimonio cultural cara o exterior.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 2
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: teatro Top of Page

Síguenos en facebook