Teatro Caracol estrea o martes ‘Bicos para a bela adormecida’

    CAMBADOS > A compañía cambadesa Teatro Caracol regresa ó escenario o vindeiro martes cunha versión de Bicos para a bela adormecida. Estes días ensaian a representación no instituto Asorey de Cambados para dar o mellor de si ante o milleiro de escolares da comarca do Salnés que presenciarán a obra. Para o público en xeral haberá pases o 30 deste mes e o 7 de maio.

    teatrocaracolensaio_300_200406.jpgBicos para a bela adormecida. Con este título arranca a nova tempada para Teatro Caracol. Esto non é máis que un ensaio, a estrea oficial será o vindeiro martes e os escolares da comarca do Salnés serán os primeiros en ver esta posta en escena. Este grupo de pais afeccionados ó teatro, dirixidos por Olga González, consegue que tódolos los anos miles de nenos o pasen en grande coas súas representacións.

    Esta tempada actuarán ante cinco mil escolares do Salnés entre os días 25 deste mes e o 10 de maio. As sesións comezarán ás catro da tarde no Instituto Asorey de Cambados. Os maiores tamén poderemos gozar desta obra pagando dous euros pola entrada. A compañía subirase ó escenario o 30 deste mes, con dúas sesións, ás seis e ás oito da tarde, e o día 7 de maio ás seis da tarde. 

    Con Bicos para a bela adormecida, Teatro Caracol fai unha particular versión do clásico da bela durminte na que non faltarán nin os bailes nin a música. Este ano ademais a compañía decidiu gravar un CD coas cancións da obra. Poderá adquirirse ó prezo de cinco euros despois das representacións.

    Redacción Salnés