• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Uxía Vidal

RIBEIRA> O presidente da Deputación da Coruña realizou unha visita institucional a Ribeira na que ratificou o compromiso inversor do ente provincial co concello. Entre as próximas actuacións previstas, destaca o remate das obras na travesía entre Aguiño e Ribeira, actualmente paralizadas por problemas da empresa adxudicataria.
RIANXO> Rianxo conta cunha nova ruta de sendeirismo de singular beleza. O itinerario, entre o lugar da Ermida e o Pico Muralla, foi acondicionado e sinalizado no marco dun programa de colaboración turística entre o concello, Arousa Norte e a Axencia Galega de Turismo.
POBRA> O goberno da Pobra tentará sacar adiante os orzamentos deste ano. Nestes días iniciará as negociacións cos grupos da oposición para consensuar unha proposta que debería ser aprobada a principios do mes de outubro para contar con tempo suficiente para a súa execución.
BOIRO> Quince mozos da comarca iniciaron a súa formación no Obradoiro de Hostalería que se desenvolve no viveiro de empresas de Boiro. O acto inaugural correu a cargo do alcalde e o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña.
BOIRO> As descargas de mexillón aumentaron un trinta e tres por cento en Galicia durante o primeiro semestre deste ano. Así o destacou a Conselleira do Mar nunha visita a unha batea realizada esta mañá en Cabo de Cruz.
NOIA> A Conselleira do Mar desprazouse ata Noia para interesarse polos primeiros días de campaña marisqueira. Ademais de achegarse ata a lonxa de Testal, asistiu á presentación dun estudo para a identificación xenética do berberecho de Noia que lle permitiría obter un selo de calidade.
NOIA> O proxecto de rehabilitación do antigo Casino de Noia conta cunha axuda de máis de douscentos mil euros dos GALP que xunto coa aportación municipal permitirá restaurar esta singular edificación para convertela nun centro de recepción de turistas.
POBRA> Fin de semana festiva na comarca do Barbanza. Un dos puntos de interese a Pobra do Caramiñal onde se celebra un dos festexos de maior tradición como é o Nazareno. O domingo tiña lugar a Procesión das Mortallas, que conseguiu reunir, un ano máis, a unhas corenta mil persoas.
Páxina 1 de 243
HomeBARBANZA - NOIAUxía Vidal Top of Page

Síguenos en facebook