• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

BARBANZA - MUROS - NOIA (8286)

Novas de Barbanza, Muros e Noia.

Portos investirá máis de corenta mil na mellora da seguridade do peirao de Cabo de Cruz
BOIRO> Portos de Galicia investirá máis de corenta mil euros na mellora das condicións de seguridade e operatividade do porto de Cabo de Cruz. Ademais da mellora da sinalización e da reparación de varios elementos do peirao procederase á reparación do dique de abrigo danado polos temporais.
Boiro acolle a última etapa do I Trofeo Astur-Cántabro-Galego de ciclismo
BOIRO> Este trofeo que arrancou o pasado dez de xuño componse de seis probas; dúas en Asturias, dúas en Cantabria e outras dúas en Galicia: unha en Viveiro que supuxo o punto de partida e a de Boiro que este domingo pechará o ciclo.
Recolte introducirá novos medios de limpeza e recollida máis eficaces
RIBEIRA> A empresa Recolte asumirá a partir deste venres o servizo de recollida do lixo de Ribeira. Disporá dun prazo de catro meses para a implantación das infraestruturas necesarias entre as que se plantexa a adquisición de novos medios máis eficaces.
Os mariscadores combaten a praga de algas para evitar que asfixie o marisco
POBRA> As confrarías de Arousa e Muros Noia traballan a reo estes días para retirar as algas que ameazan os bancos marisqueiros. A abundante presenza destas especies, que se incrementou nas últimas semanas, asfixia o marisco.
Ribeira acollerá o día 8 a segunda edición da Andaina Solidaria co Alzheimer
RIBEIRA> O próximo oito de setembro terá lugar en Ribeira a segunda andaina solidaria co alzheimer. Haberá dous percorridos con diferentes distancias para abrir a proba a todo tipo de participantes.
Medio Rural destina máis de once millóns de euros a labores de prevención nos montes
MUROS> A Consellería de Medio Rural destina este ano máis de once millóns de euros á prevención dos incendios forestais e posta en valor dos montes galegos. Así o explicou a titular do departamento, Ángeles Vázquez, na visita realizada esta mañá a Monte Louro.
Os nenos de Ribeira deseñan 'a cidade de mañá'
RIBEIRA> A visión dos rapaces sobre a súa cidade contribuirá a deseñar a Ribeira do futuro. Este é o obxectivo do obradoiro de urbanismo ‘A cidade do mañá’ no que participan un cento de nenos de entre tres e doce anos.
A consolidación do Castelo da Lúa executarase con pezas orixinais
RIANXO> Unha década despois da última actuación desenvolvida no Castelo da Lúa, os restos serán obxecto dunha nova posta en valor. Consolidaranse os elementos máis afectados reutilizando as pezas orixinais do castelo.
O Monbús Obradoiro inicia a pretempada en Rianxo
RIANXO> Os afeccionados ó baloncesto teñen unha cita este mércores en Rianxo. O Monbús Obradoiro disputará na localidade barbanzá o primeiro partido da pretemporada. Será ás oito e media no pavillón municipal.
Falece unha veciña de Lousame mentres pescaba nas inmediacións do Faro de Corrubedo
RIBEIRA> Unha muller falecía esta mediodía mentres pescaba nas inmediacións do Faro de Corrubedo. Foi o seu home quen dou a voz de alarma cando comezou a sentirse mal. A pesar da rápida actuación dos servizos de emerxencia, tan só puideron constatar a súa morte.
Noia cubrirá as vacantes da Policía Local a principios de 2018
NOIA> O Director Xeral de Emerxencias mantivo un encontro co alcalde de Noia para expoñer os detalles do Protocolo de Colaboración para a cobertura das prazas vacantes de policía local. A intención do concello noiés é adherirse a este convenio que prevé a convocatoria centralizada de oposicións a principios do próximo ano.
Alumnos de carpintería da UAD de Ribeira restaurarán unha dorna en Sálvora
RIBEIRA> Nove usuarios do taller de carpintería da Unidade Asistencial a Drogodependencias participarán nun programa de voluntariado ambiental que se desenvolverá durante a próxima semana na Illa de Sálvora. Procederán a restaurar unha dorna exposta no pazo.
HomeBARBANZA - NOIA Top of Page

Síguenos en facebook