• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

BARBANZA - MUROS - NOIA (7960)

Novas de Barbanza, Muros e Noia.

O concello de Rianxo pon atrancos á instalación do circo Vienna Roller
RIANXO> Na localidade existe un acordo plenario para declarar ó municipio libre de espectáculos e circos que inclúen animais nas súas funcións. Estas imaxes poderían volver a producirse…o circo Vienna Roller ten programadas varias actuacións dende mañá ata o domingo en Rianxo. A pesar dos esforzos realizados dende o Concello, onde hai uns anos se…
Aberto o prazo de inscrición na III Carreira Popular de Lousame
LOUSAME> A proba terá lugar o próximo 21 de maio, podéndose realizar as inscricións ata o día 18 a través da páxina www.emesports.es.
Boas sensacións no arranque do marisqueo a flote na Pobra
POBRA> Os mariscadores de a flote da Pobra volvían ás súas concesións tralo peche do libre marisqueo hai un mes. As sensacións nesta primeira xornada foron bastante boas, acadando os topes de ameixa babosa. Pola contra, a fina escasea.
En Marea levará ó Parlamento alternativas para a rehabilitación do Pazo de Goiáns
BOIRO> En Marea levará ó Parlamento a necesidade de acometer unha actuación urxente no pazo de Goiáns. Ademais de consolidar a edificación principal para frear o seu deterioro propoñen a rehabilitación integral do conxunto para darlle un uso público.
Recolte asume definitivamente o servizo de limpeza urbana de Ribeira
RIBEIRA> Recolte Servizos e Medio Ambiente asumirá o servizo de limpeza e recollida de lixo de Ribeira. Así o determinou o Tribunal Supremo ó desestimar o recurso presentado pola anterior adxudicataria, Urbaser.
Portos destina máis de cincuenta mil euros á mellora dos amarres en Porto do Son
PORTO DO SON> O presidente de Portos de Galicia visitou as instalacións portuarias de Porto do Son onde se veñen de acometer varias actuacións. Ademais das melloras nos sistemas de defensa, José Juan Durán interesouse por outras demandas formuladas pola confraría como o peche dos accesos para vehículos non autorizados.
Boiro Novo denuncia a rebaixa da calidade no servizo de comedor do centro de día
BOIRO> Boiro Novo denuncia a substitución do servizo de cociña por un cátering no centro de día do municipio. Segundo as familias, este cambio supuxo unha notable perda da calidade dos alimentos. A través do grupo de En Marea, xa elevaron as súas queixas ó Parlamento.
A Feira da Educación de Ribeira consolídase como foro pioneiro para compartir experiencias
RIBEIRA> Inaugurada oficialmente a cuarta Feira da Educación de Ribeira que se desenvolverá ata o domingo. Unha trintena de expositores, instalados no auditorio municipal, amosan toda a oferta educativa do municipio.
Malestar en Noia ante a falla de información polo inicio das obras de rexeneración da Ría
NOIA> Os tres grupos da oposición: BNG, PSOE e Marea veñen de esixirlle ó equipo de goberno a convocatoria urxente da Comisión de Mar onde tratar este asunto.
Uns 34 equipos de futbol base competirán no Torneo de Lousame
LOUSAME> A cita será no campo de fútbol de Cabanetán, en Lesende, esta próxima fin de semana, o domingo 30 de abril e o luns 1 de maio.
A Deputación da Coruña construirá unha nova ponte entre Aldea Grande e o Couto
LOUSAME> A actuación virá a mellorar a seguridade do tráfico na zona, ó tratarse dun dos puntos negros da rede viaria do municipio.
A ameixa e o percebe substitúen ó ourizo en Aguiño
RIBEIRA> Tralo espectacular peche da campaña do ourizo nas confrarías de Aguiño e Ribeira, cunha facturación superior ós novecentos mil euros, o sector busca agora novas saídas. Á apertura de varios bancos de ameixa súmase a ampliación da zona do traballo do percebe.
HomeBARBANZA - NOIA Top of Page

Síguenos en facebook