• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

BARBANZA - MUROS - NOIA (7864)

Novas de Barbanza, Muros e Noia.

O executivo de Nós Pobra traballa xa na elaboración dos presupostos deste ano
POBRA> O goberno municipal xa ten convocado diferentes reunións veciñais de cara a buscar uns orzamentos participativos.
A oposición de Noia ó completo esixe a dimisión inmediata do alcalde
NOIA> A oposiciónde Noia esixe a dimisión inmediata do alcalde, Santiago Freire, ante a gravidade das súas palabras no acto institucional polo Día Internacional da Muller. PSOE, BNG e Marea Cidadá de Noia aseguraron esta mañá que o contido foi “marcadamente machista” e anunciaron a petición dun pleno extraordinario para reprobar as palabras do alcalde.
O alcalde de Noia pide desculpas pero asegura que non ten pensado dimitir
NOIA> Trala comparecencia conxunta da oposición de Noia, un equipo desta casa puido falar co alcalde de Noia para coñecer de primeira man a súa valoración da polémica que desataron as súas palabras. Admite que os chistes pudieron ser desafortunados, pero asegura que dimitir non entra nos seus plans.
Os chistes machistas do alcalde de Noia desatan a polémica no Día da Muller
NOIA> Polémica no concello de Noia tralas palabras do alcalde durante o discurso institucional no acto de homenaxe ás mulleres polo día Internacional da Muller. Santiago Freire realizou tres chistes machistas que a oposición cualifica como inaceptables. O mandatario enviou un comunicado esta mañá pedindo perdón polas súas desafortunadas palabras.
Boiro será o epicentro do Duatlón a nivel estatal esta fin de semana
BOIRO> Esta fin de semana Boiro converteráse no epicentro do duatlón estatal coa celebración do Campionato de España desta disciplina, por equipos e relevos. Estes torneos serán ademais a primeira e segunda xornada da Liga Nacional de Clubs 2017.
Tráfico investiga a un boirense que conducía a máis de douscentos por un tramo limitado a cen
BOIRO> O suceso producíase na tarde de onte no corredor Brión-Noia, ó seu paso polo concello de Lousame.
Ribeira acollía esta mañá unha xornada de eficiencia enerxética
RIBEIRA> A xornada foi clausurada polo director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces.
O xefe policial de Noia denuncia a situación irregular de dous axentes
NOIA> O Inspector Xefe da Policía Local de Noia denuncia irregularidades na contratación de dous membros deste corpo. Asegura que desde hai anos exercen unha profesión, a de policía local, sen ter superado as probas do concurso oposición. Manuel González denuncia tamén que o concelleiro de Seguridade asuma competencias que lle corresponderían ó seu cargo.
O executivo pobrense nega o desleixo no museo Valle-Inclán
POBRA> O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, realizou unha visita ó edificio para mostrar o estado no que se atopan as instalacións, que, segundo el, non é tan grave como afirman dende a oposición.
Detidas seis persoas por diversos roubos en Barbanza
BARBANZA> Con estas seis detencións a Garda Civil da resposta o repunte de actos delictivos na comarca.
Pesar en Rianxo polo falecemento de Felipe Ordoñez
RIANXO> Rianxo despedirá mañá con pesar a Felipe Ordóñez. O que fora durante dúas décadas presidiu a Asociación Rianxeira de Empresarios, faleceu na súa vila natal ós 83 anos de idade. Cargo que compatibilizou con postos de diversa responsabilidade na Federación de Empresarios do Barbanza. Precisamente estes días, cúmprense tres anos desde que anunciara que…
Dimiten once membros da xunta xeral do pósito rianxeiro
RIANXO> No transfondo da decisión parace estar a súa disconformidade coa xestión da actual directiva.
HomeBARBANZA - NOIA Top of Page

Síguenos en facebook