• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

BARBANZA - MUROS - NOIA (7864)

Novas de Barbanza, Muros e Noia.

En Marea levará ó Congreso a rexeneración da ría e os emigrantes retornados
NOIA> Os deputados de En marea Iolanda Díaz e Antón Gómez Reino, levarán ó Congreso dos Deputados o asunto da rexeneración da Ría de Noia ou a problemática dos emigrantes retornados. Esta mañá reuníronse coa Marea Cidadá de Noia para tratar estes puntos.
O BNG denuncia supostas irregularidades nun proceso de contratación
O BNG de Ribeira presentará unha iniciativa ó goberno local sobre as posibles irregularidades no proceso de selección de persoal para ocupar 12 postos de auxiliar de policía local. Un dos aspirantes afirma que solicitou facer a proba en galego, e esta petición foille denegada.
Pouco e caro: o prezo do peixe cotiza a alza
BARBANZA> O temporal no mar, que mantén a boa parte da flota amarrada, pode ser unha das principais razóns dese lixeiro incremento.
Deputados e senadores do PSOE e En Marea reúnense cos afectados polas obras do AVE
RIANXO> Os representantes das dúas formacións políticas trasladaranlle a Fomento e a ADIF as reclamacións realizadas polos veciños, esixíndolle que se restitúan as súas propiedades ó seu estado orixinal, antes do inicio da actuación.
O BNG de Boiro presentará varias emendas os orzamentos municipais
BOIRO> Os nacionalistas reclaman máis investimento en saneamento e tamén á rehabilitación do pazo de Goiáns.
Aires renovados para a nova edición da Feira do Comercio de Noia
NOIA> A actividade, organizada por Noia Histórica, terá lugar xa esta fin de semana, de venres a domingo, no pavillón polideportivo municipal.
Barbanza e Muros-Noia moi presentes nos premios COAG
BARBANZA> Construcións de Outes, Porto do Son, Ribeira ou Noia están entre as obras preseleccionadas para os premios que outorga o Colexio de Arquitectos de Galicia.
O executivo noiés trata de solucionar a avaría do aparello de RX do centro de saúde
NOIA> O alcalde noiés asegura que o Concello están en conversas coa consellería de Sanidade para dotar ó centro de saúde dun novo aparello de raios X.
Boiro novo presentará unha ducia de emendas os orzamentos municipais
BOIRO> Boa parte desas propostas foron achegadas polos propios veciños, a través da campaña de participación cidadá realizada pola formación na súa web.
O cerco reclama un incremento do tope da sardiña nos meses de verán
BARBANZA> O acordo foi tomado durante a Comisión Sectorial do Cerco onde se analizou a situación das pesquerías para este ano, entre elas a da sardiña e a da anchoa, cuxas campañas comezan xa mañá, primeiro de marzo.
O Náutico Boiro Voleibol fai historia e xogará a fase de ascenso á Superliga 1
BOIRO> O Náutico Boiro Voleibol facía historia esta fin de semana ó acabar coma líder a fase regular da Superliga 2 Masculina. Os boirenses clasifícáronse así para a fase de ascenso a máxima categoría do voleibol nacional.
Buscan a un mozo ribeirense desaparecido en Ferrol
RIBEIRA> Desaparecido en Ferrol un mozo ribeirense desde o pasado sábado. Trátase de Jonathan Fiel Cabadas, de 26 anos, e que ata os 23 residía en Ribeira, onde o seu pai, é un coñecido árbitro de futbol e ex presidente do Atlético Ribeira. O mozo vivía agora en Ferrol e desde este sábado ás nove…
HomeBARBANZA - NOIA Top of Page

Síguenos en facebook