• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

BARBANZA - MUROS - NOIA (8224)

Novas de Barbanza, Muros e Noia.

Máis produtores arousáns traballarán este ano na campaña marisqueira de Noia
NOIA> A razón que explica este éxodo é a merma de ingresos que padecen nas súas concesións. Algo chamativo pero totalmente legal. Nos últimos anos, e cada vez máis, as confrarías arousás están a notar unha baixa importante no número dos seus socios. Estas baixas coinciden ademais coa apertura da campaña extractiva en Noia prevista…
O PP tumba calquera posibilidade de construír un centro de día en Rianxo
RIANXO> Os populares opuxéronse onte á proposición de lei presentada por En Marea na que se solicitaba a creación deste servizo para o municipio. E hoxe facían o propio tamén cunha pregunta formulada polo BNG sobre este mesmo asunto. Con certa tristura os membros da plataforma procentro de día de Rianxo recollían a nova. Por…
A Deputación mellorará a accesibilidade ás praias da Torre e o Pazo en Rianxo
RIANXO> En total investiranse preto dos corenta mil euros que serán destinados a rehabilitar as pasarelas de madeira e en instalar aseos adaptados. A institución provincial levará este venres a pleno a aprobación dun proxecto para rehabilitar os accesos e mellorar as dotacións do paseo marítimo de Té e as praias do Pazo e a…
Xorde 'Boiro Actívate', para mellorar a calidade de vida dos maiores boirenses
BOIRO> A actividade, organizada polo Concello, prevé a realización dunha diagnose persoal e individualizada a cada participante. Boiro conta unha nova actividade física que o Concello porá en marcha durante este mes de setembro da man da empresa EcoSport. Trátase do programa ‘Boiro Actívate’ e estará dirixido en principio a persoas maiores ou xubiladas con…
As festas do Nazareno terán un operativo especial de seguridade
POBRA> O Subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, presidiu a reunión da xunta local de seguridade. Na reunión da xunta local de seguridade, na que ademais do Subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, e do alcalde, Xosé Lois Pîñeiro, tomaron parte representantes das forzas e corpos de seguridade do Estado, así como tamén…
Arousa Norte acudirá á Feira de Turismo Internacional de Xapón
BOIRO> Outras das citas incluídas na programación da mancomunidade será aGrand Pavois de La Rochelle. Así o acordaron esta mañá en pleno os representantes dos catro concellos que integran a Mancomunidade. Un dos asuntos abordados na sesión foi precisamente aprobar a programación da entidade para os vindeiros meses. Por segundo ano consecutivo arousa Norte volverá…
O BNG aposta pola xestión directa da planta de compostaxe de Servia
NOIA> Os nacionalistas fan esta solicitude a cinco anos vista para o remate da concesión que a Mancomunidade Serra do Barbanza mantén coa firma FCC. Para o BNG nestes anos da man de FCC vivíronse situacións esperpénticas, na que os máximos prexudicados polo servizo de recollida do lixo foron os propios veciños, queixándose do trato…
Rianxo continúa coas celebracións das festas da Guadalupe
RIANXO> O acto central desta fin de semana foi, sen dúbida, a multitudinaria procesión marítima. Un ano máis os rianxeiros volcáronse coa Virxe da Guadalupe na súa tradicional procesión marítima. centos de veciños e visitantes quixeron arroupar á Moreniña na súa travesía pola ría. A comitiva partía pasada a unha da tarde da capela do…
O BNG acusa ó goberno de Nós Pobra dunha total parálise
POBRA> Os nacionalistas cargan contra o executivo por non levar a cabo actuacións consensuadas nos orzamentos de 2016 de gran importancia para o desenvolvemento do municipio. Á falla xa de poucos meses para o remate do ano e sen presentar aínda o documento orzamentario para o presente exercicio, o BNG da Pobra quixo facer balance…
O Concello será o principal valedor do Boiro Voleibol
BOIRO> O Club agarda poder repetir a exitosa campaña do ano pasado na que estivo a piques de acadar o ascenso á Superliga 1 Masculina. Despois de vivir o pasado ano unha das tempadas máis gloriosas da súa recente historia, quedándose a un só paso do ascenso á máxima categoría do voleibol nacional, o Boiro…
Thais Rudiño será a pregoeira das Festas do Nazareno
POBRA> Os festexos celebraranse do 15 e 18 deste mes de setembro. Como é habitual cada terceiro domingo de setembro o concello da Pobra vivirá un dos momentos máis emotivos e de maior fervor relixioso: a procesión das mortallas, na que devotos chegados dende distintos puntos de Galicia ofrécense á Xesús de Nazareno como agradecemento…
O Consello da Xunta autoriza a ampliación da EDAR de Rianxo
RIANXO> Nos próximos días procederase á sinatura dun convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o concello que permitirá poder levar a actuación cun orzamento de case 14 millóns de euros. O executivo rianxeiro mostrou a súa satisfacción polo anuncio aprobado no último Consello da Xunta que permitirá poder desenvolver a tan ansiada ampliación…
HomeBARBANZA - NOIA Top of Page

Síguenos en facebook