• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

BARBANZA - MUROS - NOIA (7802)

Novas de Barbanza, Muros e Noia.

Pouca ameixa na apertura da campaña marisqueira en Ribeira
RIBEIRA> Os mariscadores de Ribeira volvían esta luns ás súas concesións. A pesar de traballar nun banco de Coroso, que levaba máis de medio ano pechados, constataron a escaseza de ameixa. Haberá que agardar ós próximos días para ver como segue a desenvolverse a campaña.
Víctor Senra imponse na 33 edición do Rally de Noia
NOIA> O piloto de Dumbría foi o claro dominador da proba disputada esta pasada fin de semana. Por detrás del quedaron, por esta orde, Alberto Meira e Iago Caamaño.
O Boiro salva un punto ante o Mutilvera
BOIRO> O Boiro conseguíu finalmente maquillar, na segunda metade, o resultado e salvar un punto. Ó descanso perdían por cero a dous.
O concello da Pobra promove a identificación das mascotas mediante microchip
POBRA> O concello da Pobra volve poñer en marcha a campaña de implantación do chip ós animais. Durante os meses de abril e maio, ofrecerán un desconto do quince por cento para a colocación deste elemento identificativo que, lembran, é obrigatorio.
O pequeno comercio da Pobra lánzase á conquista de internet
POBRA> A primeira plataforma de venda online do pequeno comercio xa é unha realidade. Este domingo presentábase Dean Shop, unha ferramenta online que permite mercar en cinco establecementos. A iniciativa é posible grazas á asociación do pequeno comercio da Pobra.
RIBEIRA> O documento orzamentario ascende a máis de 28 millóns e medio de euros, un 33% máis con respecto ó do exercicio anterior, grazas en parte á aportación de fondos estatais para poder desenvolver o proxecto ‘Riveira Atlántica’.
Boiro e Multivera pelexarán en Barraña por saír dos postos de descenso
BOIRO> O Club Deportivo Boiro recibe este domingo en Barraña ó Mutilvera. Os dous equipos chegan a esta xornada en idéntica situación. O Boiro ocupa a última das prazas de descenso directo. Son décimo sétimos con 33 puntos. E os navarros en postos de promoción de descenso. Son décimo sextos cun punto máis, 34. O…
A falta de vixilancia condicionou a campaña de libre marisqueo
POBRA> Remata o mes de marzo e, con el, a campaña de libre marisqueo en Arousa. Os malos resultados dos tres últimos meses contrastan co bo arranque entre outubro e decembro.
O goberno da Pobra inclúe dúas novas alegacións no inventario de camiños
POBRA> O goberno da Pobra presentou novamente o inventario municipal de camiños. O documento inclúe dúas novas alegacións, das seis presentadas nesta fase de revisión.
AMICOS racha coas barreiras do autismo
RIBEIRA> Ribeira foi o escenario elixido por AMICOS para conmemorar o Día Mundial do Autismo. Acompañados das súas familias, os usuarios da asociación racharon, de xeito simbólico, coas barreiras que atopan día a día as persoas autistas.
David Chipperfield participará no IV Foro de Rehabilitación de Rianxo
RIANXO> Rianxo acollerá entre o cinco e o sete de maio a cuarta edición do Foro de Rehabilitación. Arquitectos da talla de David Chipperfield. Luis Gil Pita ou Cristina Nieto abordarán aspectos tan diversos como a restauración nas vilas mariñeiras ou a aplicación das tecnoloxías 3D ás reformas inmobiliarias.
O goberno da Pobra regulará a participación veciñal nos orzamentos
POBRA> O executivo da Pobra presentou a súa proposta de orzamentos participativos. A intención do goberno é reservar unha partida para acometer as actuacións solicitadas polos veciños que se recollerán a través de asembleas veciñais.
HomeBARBANZA - NOIA Top of Page

Síguenos en facebook