• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

BARBANZA - MUROS - NOIA (8214)

Novas de Barbanza, Muros e Noia.

Os hostaleiros de Boiro meteranlle un gol ó cancro
BOIRO> O campo de fútbol de Vista Alegre, en Boiro, encherase este sábado de espectadores co partido benéfico organizado por varios hostaleiros da vila en favor da Asociación Española contra o Cancro.
A Pobra non esquece a Diana Quer
POBRA> A Pobra afronta estes días as súas festas con sabor agridoce. A pesar da normalidade con que se viven as celebracións, é imposible esquecer o acontecido hai un ano nestas datas festivas nas que desaparecía Diana Quer.
O deporte noiés vólcase coa Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva
NOIA> Noia acollerá este sábado o Primeiro Campionato Individual de Cross Training de toda Galicia. Esta competición ten carácter solidario posto que tódolos fondos recadados destinaranse á Asociacións Galega de Heteroplasia Progresiva Ósea.
Costas destinará catrocentos mil euros á rexeneración de Testal
NOIA> Costas investirá catrocentos mil euros na mellora da praia de Testal en Noia. Esta actuación vense sumar ós traballos de rexeneración da ría e acondicionamento da fachada marítima que o departamento estatal está a acometer no municipio.
A próxima semana rematan os campamentos xuvenís da Xunta no Loreto
PORTO DO SON> A directora Xeral de Xuventude visitou o campamento Virxe do Loreto en Porto do Son polo que, ó longo deste verán, pasaron máis de seiscentos mozos. Trátase dos últimos participantes posto que o vindeiro luns rematarán os campamentos xuvenís da Xunta.
O sorteo da Lotaría Nacional deixa trescentos mil euros en Ribeira
RIBEIRA> A administración Número de Ribeira entregou o primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional deste xoves. A totalidade da serie, premiada con trescentos mil euros, vendeuse no restaurante Praia do Vilar moi frecuentado por turistas.
O Trofeo Pitusa Sabín abre a regata a todo tipo de embarcacións
PORTO DO SON> As augas de Portosín acollerán esta fin de semana unha das súas competicións máis senlleiras. A regata Mar de Fisterra chega á súa vixésimo novena edición. Este ano, ó igual ca os dous anteriores, c
A Deputación pavimentará varias rúas na contorna da praza do concello de Ribeira
RIBEIRA> A Deputación da Coruña inviste máis de cento setenta mil euros na pavimentación das rúas Rosalía de Castro, Galicia e Cristóbal Colón en Ribeira. Estas actuacións, que veñen de ser publicadas no Boletín oficial da Provincia, enmárcanse no Plan Único da Deputación.
Artemar irrompe con forza no ecuador estival de Ribeira
RIBEIRA> A Feira Mariñeira de Ribeira Artemar retomou a sua programación con normalidade despois de que a pasada tarde se suspendera o pregón inaugural en sinal de dó polos atentados de Cataluña.
A travesía a nado entre Testal e O Freixo promoverá o deporte adaptado
NOIA> Noia acollerá este sábado a decimo quinta edición da travesía a nado entre Testal e o Freixo. Uns setenta deportistas daranse cita nesta proba que busca promove o deporte adaptado e a integración dos deportistas con diversidade funcional.
O BNG solicita ó concello un calendario das actuacións previstas na EDAR
RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha iniciativa no concello solicitando a documentación e o calendario das actuacións previstas na EDAR de Ribeira. Pretenden así verificar se a empresa está a cumprir cos compromisos adquiridos cos afectados, que levan un ano padecendo as nocivas consecuencias do mal funcionamento desta infraestrutura.
A mocidade converterase na protagonistas dos Sanjuerguines da Pobra
POBRA> Pobra quenta motores para as celebración das Festas do Carme dos Pincheiros. Unha das actividades máis destacadas serán os San Juerguines que terán lugar o sábado. Un grupo de mozos colleu as rendas da súa organización hai catro anos.
HomeBARBANZA - NOIA Top of Page

Síguenos en facebook